Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de ‘Camiño Visor Primitivo’ dentro do programa ‘O teu Xacobeo’
Pablo Fernández, realizou a presentación do proxecto “Camiño Visor Primitivo” xunto ao director da Casa de Galicia, Juan Serrano
A Policía Autonómica esclarece en colaboración coa UIFO un incendio forestal no Concello coruñés de Ames
O lume, rexistrado o pasado agosto, debeuse ao lanzamento de foguetes durante as festas patronais na parroquia de Ameixenda
A Sociedad Española de Directivos de Atención Primaria en Galicia recoñece tres iniciativas innovadoras da sanidade galega
O proxecto de atención ao paciente con covid persistente, a Xestión Integral da Demanda en Equipo (XIDE) en Culleredo e Lugo e o programa de promoción da saúde sexual e prevención de condutas de risco en O Carballiño, galardoados co II Premio Sedap-Ferrer Galicia
A Xunta detecta un foco de influenza aviaria nunha explotación de visóns na provincia da Coruña
O caso detectouse no marco da vixilancia pasiva realizada en explotacións de visóns, tras a aparición dun número anormalmente elevado de visóns enfermos e mortos
Román Rodríguez anuncia que os orzamentos de 2023 inclúen unha partida específica para a ampliación do instituto Aquis Celenis, cuxo importe se eleva a 3,75M€
As contas do ano que vén contemplan 200.000€ para a redacción do proxecto da obra
A Xunta aposta pola profesionalización, a calidade e a excelencia como base do turismo galego
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nun congreso sobre Datos e Intelixencia Artificial no Sector Turístico en Alcalá de Henares
O uso da intelixencia artificial nas empresas galegas creceu un 50% no último ano
As empresas de 10 ou máis empregados de Galicia son quintas a nivel estatal no uso da IA e as cuartas con máis especialistas neste ámbito