Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta aproba o orzamento máis alto da historia, que ascende a 12.620 M€, con medidas de impulso para apoiar as familias e as empresas e fortalecer os servizos públicos
Enmarca estas contas públicas na “obriga” que teñen as administracións, no actual contexto económico, de axudar á xente a afrontar as dificultades e de que os esforzos se repartan de xeito xusto e equitativo
Lembra que Galicia é unha das primeiras comunidades en aprobar os seus orzamentos para 2023 e se consolida “como referente de prudencia financeira”
Publicado en edición facsimilar o Plan pedagóxico de Vicente Risco co gallo do seu centenario
Confeccionado polo intelectual ourensán, este plan buscaba reformar de forma profunda o modelo escolar galego de principios do século XX
A Xunta publica no DOG o informe de impacto ambiental do proxecto de mellora dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
Remata a tramitación ambiental do deseño dos accesos do Novo CHUAC, garantindo ao máximo a integración e a funcionalidade, co menor impacto visual e integrados na trama urbana da cidade
A Xunta impulsa a internacionalización da literatura galega coa participación de máis dunha decena de editoriais na Feira do libro de Frankfurt
A partir de mañá e ata o 23 de outubro, o espazo institucional permitirá a realización de reunións profesionais con axentes procedentes de diversos países do mundo
O delegado territorial presenta AZIMUT, unha iniciativa cultural que resalta o paso do tempo en diferentes espazos arquitectónicos galegos abandonados ou en desuso
Gabriel Alén explicou que non se trata dun proxecto contemplativo, con AZIMUT téntase fusionar este pasado con diferentes artistas galegos de diversas disciplinas e intervencións nestes lugares
Preto de 12.000 gandeiros recibiron máis de 11,5 M€ en axudas xestionadas pola Xunta para compensar as dificultades económicas da invasión rusa de Ucraína no sector gandeiro de carne
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria, dependente da Consellería do Medio Rural, coas persoas beneficiarias destas axudas
A Xunta pon en valor o compromiso social, ambiental e pola igualdade laboral das empresas ourensás que participan no programa autonómico ‘Responsabilízate’
Once firmas da provincia participan neste programa que promove modelos éticos e responsables que melloren a competitividade do tecido produtivo