Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez avanza que as obras de reparación e reforzo da seguridade na ponte de Mondariz estarán rematadas no primeiro trimestre de 2021 logo dun investimento de 1,4 millóns
Vázquez Mourelle sinala que a fin da actuación é corrixir os deterioros observados en xullo no marco do Programa de inspección en pontes e obras de paso da Xunta
A Comisión Superior de Urbanismo informa a ampliación do Instituto de Feiras e Exposicións de Vigo que remata a súa tramitación urbanística
Tal e como se comprometera a semana pasada a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na reunión celebrada esta mañá constatouse que se dispoñen de todos os informes necesarios para validar a ampliación
A Xunta cede a dúas entidades de atención ao alzhéimer e de saúde mental o antigo local de Apsnais
Fabiola García salienta que con esta medida se continuará coa atención a dous colectivos que nestes momentos son prioritarios: as persoas con alzhéimer e as que padecen doenzas mentais
Feijóo salienta os avances no proxecto de ampliación do barrio de San Paio de Navia coa comercialización das primeiras parcelas en 2021 e o inicio da construción das 1.600 vivendas públicas
Precisa que, neste momento, a Xunta xa dispón de case 180.000 metros cadrados, dos 265.000 metros que abarca o proxecto para a construción das vivendas protexidas, ademais de zonas verdes, prazas de aparcamento e un carril bici
O asfaltado das rúas Ramón Baltar e Benéfica de Conxo farán necesaria a regulación do tráfico nesta zona de Santiago entre esta tarde e o venres
Hoxe comezan os traballos nas proximidades do centro de saúde na rúa Ramón Baltar e mañá iniciaranse na rúa Benéfica, desde a rúa Torrente ata a nova glorieta de Televés
Carme Varela álzase co XXV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Esther F. Carrodeguas e Carlos Losada-Galináns, cos XIV Barriga Verde para monicreques
O xurado dos certames literarios que a Xunta convoca a través da Agadic recoñeceu ‘As desterradas’ co primeiro destes galardóns, mentres que o segundo foi para ‘República Sideral’ na modalidade para adultos e ‘Pois eu!’ en textos para rapaces
Gardacostas requisa preto de 1.200 quilos de distintas especies de peixe e marisco, 150 útiles e 800 metros de artes de enmalle
A maior parte do recurso comisado, máis de 1.000 quilos, é centola, froito dos operativos conxuntos desenvolvidos nos últimos días coa Garda Civil con motivo do inicio da campaña de extracción deste crustáceo
Da comezo o curso TecEuropa de especialización en financiamento comunitario para entidades galegas
Máis 70 asistentes de entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro danse cita no curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa
A Policía Autonómica realizou 18 operativos na provincia da Coruña para controlar as medidas ante a covid-19
No marco destes controis os axentes identificaron a 25 persoas e tramitaron 12 denuncias en nove concellos da provincia coruñesa