Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/10/22 | 15:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta achegou 141.000 euros a 20 axencias de viaxes lucenses a través das liñas de apoio ao sector

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego acaba de resolver a convocatoria de axudas de 2022, que se suma ás aprobadas o ano pasado

13/10/22 | 15:12 | C. do Medio Rural

A Xunta contribúe ao desenvolvemento da actividade apícola da Casa do Mel de Goente cunha achega de case 100.000 euros en dúas anualidades

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros interesouse, polos programas que leva a cabo a entidade ao longo do ano e a problemática que afecta ao sector, vinculada á presenza da vespa velutina

 

13/10/22 | 14:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta anima a concellos e asociacións rurais a incentivar o voluntariado interxeracional

O novo programa da Xunta de voluntariado interxeracional ten como obxectivo fomentar os encontros e as actividades entre mozos de entre 16 e 35 anos e maiores de 55 anos para impulsar o seu crecemento persoal e profesional

13/10/22 | 14:41 | C. do Medio Rural

A Xunta modifica a Mesa da Castaña para impulsar a produción amparada pola indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e as variedades autóctonas

José Luis Cabarcos tratou co presidente e co secretario do Consello Regulador da IXP, así como con integrantes da produción e da industria, as novidades en canto á composición do órgano que saen reflectidas na orde que publica hoxe o DOG
 

13/10/22 | 14:36 | A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsa novas medidas de xestión para potenciar a compatibilidade entre a protección da Rede Natura e as actividades tradicionais necesarias para protexer os seus hábitats

O vicepresidente primeiro explicou que, entre as actividades recoñecidas, estarán
“o cultivo de pastos, as queimas controladas ou a creación de pistas cortalumes”

13/10/22 | 14:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a “capacidade organizativa” do Náutico de Vigo para converter a Semana do Atlántico na “proba de referencia para a canteira” galega da vela

A delegada da Xunta en Vigo participou este xoves na presentación do XXIII Semana do Atlántico Cidade de Vigo – Trofeo Martín Barreiro

13/10/22 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias celebra a fortaleza do asociacionismo veciñal de Lugo, que festexa o 23 de outubro o Día do Veciño

A Xunta apoia o evento coa distribución de produtos alimentarios galegos con distintivo de calidade e o patrocinio do concerto de Treixadura

13/10/22 | 14:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Chega aos cinemas ‘Unicorn Wars’, a nova longa de animación de Alberto Vázquez producida con apoio da Xunta

A Coruña acolle esta tarde a preestrea do filme, que acaba de exhibirse con moi boas críticas no Festival de Sitges e que poderá verse nas salas comerciais a partir do 21 de outubro