Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/10/22 | 15:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta defende a candidatura do proxecto Innovaugas 4.0 como semifinalista aos premios europeos de Adquisición de Innovación 2022

Os galardóns recoñecen os proxectos máis destacados en toda Europa de promoción da adquisición de innovación por parte axentes públicos e privados

12/10/22 | 12:37 | C. do Medio Rural

As aldeas modelo impulsadas pola Xunta aplicarán os resultados do proxecto comunitario Rustik a prol da transición cara a un rural sustentable

Rustik é un proxecto interdisciplinario de ámbito internacional que contará co traballo de investigadores e de organismos responsables de aplicar políticas rurais en Europa cun orzamento global próximo aos 7 millóns de euros para os vindeiros catro anos

12/10/22 | 12:31

A Xunta e Hijos de Rivera subscriben a compra dunha parcela no parque empresarial de Morás para impulsar unha nova planta de Estrella Galicia

A nova instalación ocupará unha superficie de máis de 466.000 m2, preto do 94% do terreo dispoñible para parcelas na Fase B desta área industrial

12/10/22 | 11:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía a rede de orientación persoal e familiar a 42 centros que exercen de coordinadores para apoio ao alumnado con máis dificultades

Esta iniciativa pioneira, que arrancou o ano pasado, acadou no seu primeiro curso de funcionamento preto de 500 alumnos atendidos de máis de 300 colexios e institutos

12/10/22 | 11:18 | C. de Economía e Industria

Os comerciantes galegos poden adherirse a partir de mañá, 13 de outubro, ao programa do Bono Activa Comercio

A Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros a esta iniciativa, que estará dispoñible para os clientes desde o 24 de outubro

12/10/22 | 10:43 | A Presidencia da Xunta

Rueda anima á colectividade e ao empresariado galego no exterior a sumar sinerxías para seguir construíndo unha comunidade próspera e unida pola marca Galicia

Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular do Goberno galego, Alfonso Rueda quere estreitar lazos coa comunidade galega na Arxentina e no Uruguai, así como manter encontros cos representantes das empresas galegas que operan neses países, especialmente coas do sector pesqueiro

12/10/22 | 10:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de acondicionamento da estación de autobuses de Ponteareas, mellorando a accesibilidade peonil á terminal e os servizos aos usuarios

A intervención, que supuxo un investimento de preto de 50.000€, abre o acceso peonil ás dársenas desde a rúa, sen barreiras arquitectónicas

12/10/22 | 10:03 | C. de Sanidade

O Programa galego de Detección Precoz do Cancro de Mama recibe o premio anual da Asociación de persoas afectadas por esta enfermidade (ADICAM)

Este programa, que leva a cabo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, permitiu diminuír a mortalidade entre as mulleres participantes nun 20%