Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/10/22 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os nove mundiais de Pontevedra suporán “o maior evento de loita dende Barcelona 92 e reafirmarán a Galicia como referente organizativo e deportivo”

O secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, destaca o esforzo levado a cabo polo deporte galego en xeral e pola loita en particular durante a pandemia e anima aos sete loitadores e loitadoras galegas que participarán na cita pontevedresa

10/10/22 | 15:11

A primeira fase da ampliación do parque empresarial de Muimenta, en Cospeito, está xa executada nun 75%

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou a marcha das obras, nas que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inviste 1,3 millóns de euros
 

10/10/22 | 14:50 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta tres novos casos de gripe aviaria en mascatos localizados en Galicia

Os novos casos positivos corresponden a tres animais recollidos nas praias de Camelle (Camariñas), Doniños (Ferrol) e Corrubedo (Ribeira), que foron trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros (A Coruña)
 

10/10/22 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 100.000 € á mellora de camiños rurais en Cachada, Almirante e Tras do Río, no Concello de Portas

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, Ricardo Martínez, supervisou estas actuacións, financiadas ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas e do Plan de Infraestruturas Rurais 2022

10/10/22 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executará ou activará 15,7 M€ en investimentos no que resta deste ano no concello do Porriño

Os delegados territoriais de Vigo e Pontevedra, Marta Fernández-Tapias e Luis López, presidiron esta mañá a primeira sesión conxunta das dúas Comisións Territoriais de Coordinación de ambas áreas na casa consistorial do Porriño, onde foron recibidos polo alcalde, Alejandro Lorenzo, ao que informaron das vindeiras actuacións

10/10/22 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta autoriza ao Concello de Vigo á musealización para a posta en valor da Fortaleza do Castro

A Dirección Xeral de Patrimonio comunica o seu informe favorable con varias condicionantes sobre o último documento municipal presentado
 

10/10/22 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Policía Autonómica esclarece en colaboración con axentes ambientais un incendio forestal no concello coruñés de Boiro

Foi investigada unha persoa que realizaba labores de corta, xa que o lume se iniciou pola caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico

10/10/22 | 13:54 | C. de Sanidade

A Xunta reforza as políticas de prevención na saúde mental coa posta en marcha dun novo Protocolo contra o risco suicida na infancia

O Plan, deseñado polas consellerías de Educación e Sanidade, recolle a creación dunha vía rápida de derivación para o alumnado de risco moderado, coordinando centros escolares, 061, atención primaria e servizos de saúde mental
 

10/10/22 | 13:48

A Xunta avaliará de xeito periódico o grao de cumprimento do III programa Muller e Ciencia 2022-2025 que pon o foco na retención do talento feminino

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe en Santiago de Compostela a sesión plenaria da Unidade Muller e Ciencia

10/10/22 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta en Ourense ‘Contos e cantares no Camiño’

Este evento significa a volta de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro aos espectáculos de índole musical e literaria