Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Festival Galicreques acolle a estrea en Galicia do espectáculo ‘Tolo’, coprodución galego-turca con participación da Xunta
O Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe, en Istambul, promoveron a unión da compañía galega Cinema Sticado e a turca Tíyatro Eksen no marco do seu traballo conxunto como parte da Eurasia Theater Association
A Cidade de Xustiza de Vigo finaliza a súa equipación informática para a “inminente” posta en marcha
A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou as novas salas de vistas xunto aos xuíces, letrados dos xulgados e colexios profesionais
A Xunta destina 3,25 M€ en axudas ao asesoramento das explotacións agrícolas e gandeiras
O DOG publica hoxe a convocatoria destas achegas, que teñen como obxectivo axudar ás explotacións a que melloren os seus resultados económicos, ambientais e a súa capacidade de adaptación ao cambio climático
Galicia rexistra un total de 1.851 casos activos por coronavirus
Un total de 674.145 pacientes xa están curados
A Xunta e as universidades da Coruña e Santiago desenvolven o ‘Programa Explorer’ de impulso ao talento e ao espírito emprendedor da mocidade
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou os convenios de colaboración para financiar a iniciativa dirixida á mocidade de entre 18 e 31 anos que ten lugar nos campus da Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo
A Xunta reafirma a súa aposta pola colaboración interrexional para impulsar a transformación dixital e a innovación na Semana Europea das Rexións e das Cidades 2022
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, pon en valor como unha das fortalezas do ecosistema galego de innovación a cooperación e reivindica os fondos europeos Next Generation como unha oportunidade para impulsar a transición dixital desde a cooperación e a especialización intelixente
A Xunta renova o acordo con FADEMGA Plena Inclusión Galicia para adaptar documentos xudiciais a lectura fácil
O Goberno galego achega 15.000 euros ao convenio para que calquera órgano ou servizo xudicial poida solicitar este servizo nos procedementos que afecten a persoas con discapacidade intelectual, do desenvolvemento ou con dificultades de comprensión lectora
A Xunta convida aos centros educativos a participar nas actividades didácticas deseñadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
Estas iniciativas, que comezarán a finais de outubro e se prolongarán ata finais de abril de 2023, poden desenvolverse tanto nos colexios como no Centro de Visitantes