Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/10/22 | 14:30 | C. de Política Social e Igualdade
09/10/22 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará o luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas ao paso polas comarcas da Mariña e de Ourense

A vindeira semana comezarán estas intervencións na estrada LU-160, nos concellos de Mondoñedo e Foz, e na LU-162, nos municipios de Valadouro e tamén de Foz

09/10/22 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución das obras na Ponte Ceilán, nos concellos de Noia e de Outes, fará necesario o corte dun carril o luns e o martes

Para facilitar a mobilidade dos usuarios da estrada, haberá tráfico alternativo regulado con sinais, entre as 9 e as 20 horas do luns e do martes

09/10/22 | 11:17

A Xunta inicia a cualificación de 80 docentes de formación para o emprego en competencias dixitais

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade iniciou a terceira edición de Formadores Dixitais que amplía as horas lectivas ata as 150
 

09/10/22 | 11:10 | C. do Medio Rural

A Policía concede ao coordinador da Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta a Medalla con distintivo branco polo seu labor

Este recoñecemento -que supón a entrada de José María Carlés na Orde ao Mérito Policial- ten como obxectivo poñer en valor o seu traballo en relación coa vixilancia, coa disuasión e coa investigación dos lumes

09/10/22 | 10:51

A iniciativa ‘1m2' polas praias e os mares’ recolle e caracteriza máis de 2.200 residuos na costa galega

A sexta edición desta campaña desenvolveuse entre os días 17 e 25 de setembro e mobilizou só en Galicia a máis de 600 voluntarios, o dobre que o ano pasado
 

09/10/22 | 10:43

A Xunta adxudica as obras para mellorar espazos públicos no Concello dos Blancos, cun investimento total de 70.000 €

Acondicionaranse as beirarrúas da vía principal do núcleo e conectaranse as baixantes á rede de recollida de pluviais
 

09/10/22 | 09:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis dun millón de euros na promoción de 29 artistas e grupos a través das primeiras axudas ao talento musical galego

Cas d’Oleiro, Culturactiva, Ernie Producciones, EsmerArte, Kalderon Producciones, Lospregos, Musicarte Rey Saavedra, Nordesía, Play Plan Cultural, Xabier Díaz e Xonix Records son as 11 empresas apoiadas mediante esta convocatoria
 

08/10/22 | 21:00 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca o potencial deportivo de Galicia na entrega de premios da II Edición do Circuíto de Golf Tur43

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na entrega de premios onde destacou a importancia que ten este deporte na nosa comunidade, xa que permite desestacionalizar a oferta turística e ofertar natureza e lugares non masificados