Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Policía Autonómica esclarece en colaboración con axentes ambientais un incendio forestal no concello pontevedrés de Ponteareas
Como resultado detívose unha persoa reincidente que foi detectada nas inmediacións do punto de inicio do lume
A Xunta mantén a situación de seca prolongada en toda a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa ao manterse os baixos niveis dos ríos e dos encoros
No ano hidrolóxico que rematou o pasado 30 de setembro rexistrouse case un 45% menos de precipitacións que a media dos últimos 10 anos
A Xunta apoia aos Concellos de Vimianzo e Dumbría para a adquisición dun tractor ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental
O delegado da Xunta destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e os municipios galegos en proxectos que axuden a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a prestación de servizos públicos
Xunta e Concello de Ferrol avalían nunha reunión de traballo a necesidade de axilizar as licenzas municipais e o plan de dinamización do Rexurbe
No encontro, que tivo lugar esta mañá, participaron a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros; o director do IGVS, Heriberto García; o alcalde da cidade, Ángel Mato, e os concelleiros de Urbanismo e Benestar Social
A Xunta inicia as obras das sendas das vendas e de Santa Baia, en Esgos e no Pereiro de Aguiar, que suporán un investimento de 1,1 M€
Construiranse dous itinerarios para marxe esquerda da OU-536 que sumarán 3 km de lonxitude e cun ancho mínimo de 2 m, separando o tráfico rodado da vía do tránsito peonil con diferentes elementos, para reforzar a seguridade viaria dos usuarios máis vulnerables da estrada
A Xunta sinala que recibiu preto de 2.500 solicitudes para recibir os adiantos das axudas da PAC 2022 e da carne, ademais das de capital circulante
José Balseiros indicou que ese nivel e solicitudes supoñen un volume de préstamos solicitados de 26,29 millóns de euros
Ethel Vázquez subliña a culminación do proceso de renovación do sistema de saneamento e depuración das augas residuais de Rianxo tras un investimento de 14 M€ e máis de 10 anos de traballo
As novas infraestruturas hidráulicas quintuplican a capacidade de tratamento das augas residuais na actual depuradora e reducen nun 85% os vertidos de auga sen depurar en tempo de choiva, acadando a eliminación total en tempo seco
A Xunta adxudica dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro nos concellos de Castro Caldelas e Ourense
O delegado territorial da Xunta entregoulle esta mañá as chaves aos arrendatarios