Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reafirma o seu apoio á gandaría galega no marco da mostra “Expolugo A Rural”
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou na inauguración deste evento, que se celebra ao longo da fin de semana no Pazo de feiras e congresos da cidade das murallas
Rueda dá a benvida a 250 novos beneficiarios das bolsas BEME que a Xunta pon en marcha para apoiar o retorno dos galegos no exterior e favorecer o seu asentamento en Galicia
Anima aos bolseiros a coñecer Galicia, “unha terra de oportunidades” e continuar a súa senda laboral na Comunidade unha vez rematada a formación
A Xunta aprobará nas vindeiras semanas o primeiro Plan de impulso ao acollemento familiar de Galicia para promover esta fórmula de protección dos menores
Destaca que se incrementará un 20% a axuda que reciben as familias de acollida para a manuntención dos pequenos
A Xunta apoiará en 2023 a uns 25.000 profesionais autónomos no pagamento das súas facturas con 30M€ en axudas directas para facer fronte á inflación
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe en San Cibrao das Viñas a asemblea xeral da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada (Apetamcor) de Galicia
A Xunta activa o luns unha canle para a comunicación de forma anónima de presuntos incumprimentos normativos en materia de transportes
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade crea un espazo no seu portal web para que os cidadáns poidan poñer en coñecemento da Inspección de Transporte posibles incumprimentos no transporte de viaxeiros e de mercadorías
A Xunta alleou 25 lotes de madeira por 1,85 M€ nunha nova poxa pública electrónica de madeira en Ourense
Os importes acadados na poxa manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas avanzado en anteriores poxas, sendo previsible que continúen nestes niveis debido a que esta madeira está sendo moi demandada internacionalmente polas súas múltiples aplicacións
A Xunta acada a certificación do esquema nacional de seguridade en varios sistemas de información
A Administración autonómica acadou dúas certificacións en ambos sistemas de información que dan soporte ás actividades do Fondo Galego de Garantía Agraria
A Xunta mobilizou xa preto do 80% dos fondos europeos destinados ás 7 reservas da biosfera a través de actuacións planificadas ou en execución
Belén do Campo subliña que Galicia foi a Comunidade máis áxil en convocar as axudas a concellos, entidades e órganos xestores nestes espazos naturais e tamén foi das primeiras en alcanzar as metas fixadas en canto a hectáreas de actuación