Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

08/10/22 | 11:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca as axudas para a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos

Este programa, ao que se destinan preto de 2 millóns de euros nesta segunda edición, está dirixido ao tecido empresarial e a centros de innovación e tecnoloxía, financiando os custos de contratación da persoa doutoranda, estadías no estranxeiro e gastos relacionados co proxecto tanto na universidade como na empresa

08/10/22 | 11:26 | C. de Sanidade

A Xunta incrementará en máis dun 50% o investimento para o Programa Galego de Vacinación nos Orzamentos de 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou, na XXIII Xornada Central de Formación en Vacinas, un incremento de 10 millóns de euros nesta partida ata acadar os 28,9 millóns

08/10/22 | 11:21

A Xunta licita por máis de 370.000 € a humanización do núcleo rural de Moreiras no Concello de Toén

Os traballos, cun prazo de execución dun ano, inclúen a creación dun espazo público con 12 prazas de aparcamento, a construción de ramplas accesibles con miradoiros e escaleiras e unha senda peonil

08/10/22 | 10:55 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.684 casos activos por coronavirus

Un total de 673.597 pacientes xa están curados

08/10/22 | 10:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As axudas para os deportistas galegos de alto nivel acadan a súa contía máxima polos resultados do ano anterior cunha achega de medio millón de euros

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe, 8 de outubro e rematará o vindeiro 24 de outubro de 2022

08/10/22 | 10:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta saca a licitación a xestión do programa Mentor, que favorece a autonomía dos mozos tutelados

Esta iniciativa leva preto de 25 anos promovendo a inserción laboral de rapazas e rapaces maiores 16 anos que están no sistema de protección da Administración autonómica
 

07/10/22 | 21:02

A Xunta entrega á frota argumentos sólidos para que as casas armadoras poidan fundamentar os recursos individuais contra o veto da Comisión Europea

O Executivo galego puxo a disposición do sector un documento elaborado nas últimas semanas que tamén vai ser enviado ao Goberno central para reforzar o recurso que vai presentar o Estado contra esta prohibición

07/10/22 | 20:33 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo que a futura Lei da calidade alimentaria servirá para enxalzar produtos como o viño do Rosal, pertencente á denominación de orixe Rías Baixas

José Luis Cabarcos puxo en valor a paixón e o traballo que levan a cabo diariamente os viticultores, que son os verdadeiros protagonistas da calidade destes viños

07/10/22 | 18:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remata a itinerancia de ‘100% María Casares. O teatro é o refuxio’ en Pontevedra

A exposición poderá verse ata o 2 de novembro na praza de España tras o seu paso por Santiago, Ferrol, Vigo, Lugo e Ourense