Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/10/22 | 13:41

A Xunta concede 1,83 M€ en axudas para impulsar 41 proxectos dirixidos á posta en valor e conservación das reservas de biosfera galegas

Os beneficiarios son unha vintena de concellos e 22 entidades ambientais, asociacións e comunidades de montes ligados a algún destes espazos protexidos

10/10/22 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de reforma do CRA Monterrei

Gabriel Alén subliñou o esforzo inversor da Xunta en materia educativa e lembrou que no CRA Monterrei leva investido dende 2021 preto de 174.000 euros
 

10/10/22 | 13:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a plena colaboración da Xunta coa RAG para garantir a actividade da entidade durante o tempo que duren as obras de mellora na súa sede

Destaca o “compromiso inequívoco” co galego con campañas que fomenten o seu uso entre os mozos, as familias e no deporte; iniciativas para impulsar a formación dixital dos adultos nesta lingua ou o reforzamento de lazos coa lusofonía

10/10/22 | 13:25 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana que vén en Lugo e Barbadás senllas xornadas de difusión do selo de calidade de artesanía alimentaria

A de Lugo, que terá lugar o vindeiro martes 18 de outubro no edificio administrati-vo da Xunta, abordará a norma técnica de elaboración de queixos artesáns cun exemplo práctico ao final
 

10/10/22 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para outubro e novembro os propietarios dos terreos necesarios para executar unha senda no Camiño Primitivo en Lugo

A actuación desenvolverase entre os puntos quilométricos 6+800 e 8+100 da estrada autonómica LU-530

10/10/22 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 326.000€ as obras de renovación das beirarrúas da estrada PO-226 en Moraña

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé comezar neste outono os traballos, que teñen un prazo de execución de 6 meses
 

10/10/22 | 12:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a plataforma experimental de eólica mariña vai permitir xerar coñecemento e I+D+i para o despregamento deste sector

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantiveron hoxe unha reunión na Autoridade Portuaria da Coruña para avaliar o protocolo xeral de actuación para a posta en marcha deste proxecto piloto

10/10/22 | 12:40 | C. de Sanidade

Xunta e Concello de Noia asinan o convenio para a construción dun novo centro de saúde cunha superficie de máis do dobre do actual

O novo inmoble permitirá incorporar tres novas salas de técnicas, unha consulta de hixienista dental ou a base do 061

10/10/22 | 12:34

A Xunta publica as normas reguladoras dos sorteos de permisos de pesca fluvial para a vindeira tempada

As persoas interesadas poderán presentar desde mañá as súas solicitudes, preferentemente por vía telemática, e o prazo finalizará o vindeiro 28 de outubro