Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/10/22 | 13:51 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego porá en marcha de novo o programa de Benestar en balnearios para persoas maiores

Destacou que este programa se recupera “tras o parón da pandemia” e, nesta edición, contará con preto de 640 prazas

06/10/22 | 13:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta expón a súa experiencia en compra pública de innovación a empresas do sector TIC de toda España

A xornada online, organizada por Ametic, presentou o caso galego como exemplo de boas prácticas en Compra Pública de Innovación
 

06/10/22 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora do local social da asociación veciñal de San Vicente de Graíces, na Peroxa

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o edificio ao que se destinaron máis de 14.000 euros para a mellora da accesibilidade e do equipamento, entre outras accións

06/10/22 | 13:41

Galicia rexistrou un mes de setembro cálido e con precipitacións que se moveron dentro da normalidade

O avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia conclúe que a temperatura media se situou 0,6 graos por riba do valor histórico de referencia
 

06/10/22 | 13:38 | A Presidencia da Xunta

A factoría de pneumáticos que o grupo Sentury prevé nas Pontes, declarada proxecto industrial estratéxico de Galicia

Salienta que se trata dunha inicitiva “especialmente importante para a comarca coruñesa, pero tamén o é para toda Galicia pola súa transcendencia”
 

06/10/22 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta lanza unha nova edición do Bono Cultura, que mobilizará 2 M€ nos establecementos e entidades culturais de Galicia durante este outono

Resalta que o obxectivo é “botar unha man” ao sector e aos consumidores neste difícil contexto económico de suba de prezos

06/10/22 | 13:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta leva concedidas este ano 531 axudas do bono social eléctrico en Lugo, que suman 197.400 €

A achega está dirixida aos consumidores máis vulnerables para evitar cortes de subministración eléctrica

06/10/22 | 12:53 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a distinción do comedor do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude como 'Km 0 de Galicia' por usar produtos de proximidade nos seus menús

O recoñecemento outórgao a empresa Slow Food Compostela, quen acredita que preto do 60% dos alimentos empregados proveñen de canles curtas de comercialización, destacando os produtos amparados por selos de calidade
 

06/10/22 | 12:36 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor a calidade do sector turístico galego durante o XXII Congreso Internacional de AECIT

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración do Congreso e posteriormente impartiu unha conferencia sobre o turismo en Galicia