Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/10/22 | 17:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca os valores espirituais do Camiño de Santiago e o seu papel como motor da recuperación económica e turística

A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, participou na inauguración do evento, onde tamén puxo en valor as rutas xacobeas como elementos dinamizadores da oferta cultural e turística de Galicia

05/10/22 | 16:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Editorial Xerais presentan ‘María Casares fronte ao espello’, de Sabela Hermida, unha retrospectiva do legado da artista no seu centenario

O secretario xeral de Política Lingüística e o director xeral de Cultura gaban a calidade da publicación na que se aborda dun xeito completo a complexa personalidade da actriz

 

05/10/22 | 15:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na execución do firme na autovía Nadela-Sarria, que fará necesario ampliar desde mañá o corte de tráfico ata o enlace Sarria sur

Unha vez acometidos os traballos de estendido da capa de rodaxe entre os enlaces da Pobra de San Xiao e Sarria norte, agora van proseguir desde o punto quilométrico 22 ata o 26

05/10/22 | 15:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que na primavera do vindeiro ano a Xunta poñerá en servizo en Ourense 5,7 km de novas sendas peonis e comezará a construír o gran eixo de mobilidade sostible que conectará a cidade de norte a sur

Vázquez Mourelle sinala que os novos itinerarios en execución en Ponte Sevilla, na Rabaza e na avenida de Ponferrada sumarán 3,5 km, terán un ancho variable mínimo de 1,80 metros e disporán dun total de 9 refuxios nas paradas de autobús
 

05/10/22 | 15:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a UVigo poñen a disposición dos programadores culturais unha aplicación web para facilitar información accesible

O recurso CIMA permite crear folletos informativos baseados en textos sinxelos e pictogramas
 

05/10/22 | 14:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o centro de economía circular incrementará a autonomía enerxética de Galicia e as oportunidades laborais, especialmente no rural

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro do Medio Rural, José González, mantiveron un encontro con representantes de Reganosa, Repsol e Naturgy, ademais da Sociedade Impulsa

05/10/22 | 14:34 | C. do Medio Rural

Galicia e Navarra comparten experiencias en relación coa recuperación do territorio rural e coa xestión forestal

Por parte galega tamén participaron na xuntanza o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal e o director da Axencia Galega da Industria Forestal

05/10/22 | 14:24 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos apela ás técnicas de intelixencia artificial e aos avances tecnolóxicos como claves para unha administración moderna, rápida e eficaz

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou esta mañá o curso superior Auditoría no sector público, organizado pola Escola Galega de Administración Pública

05/10/22 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 9 M€ as obras de renovación do sistema de saneamento de Vilagarcía de Arousa

Substituiranse os colectores na avenida de Rodrigo de Mendoza e construiranse dous tanques de tormentas e un treito de colector na avenida de Cambados co obxectivo de solucionar as deficiencias nas redes