Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/10/22 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta declara a firmeza do acordo da zona de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces da Cima en Verín

Dáse así un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial, que beneficia 670 propietarios e afecta a unha superficie total de 1.208 hectáreas

04/10/22 | 10:57 | C. de Sanidade

A Xunta destaca que a nova Lei de postos de difícil cobertura permitirá incorporar facultativos de xeito urxente, estable e permanente aos centros sanitarios con maior carencia de profesionais

A nova lei contribuirá á cobertura das vacantes nos centros de saúde illados e nos hospitais comarcais, así como das novas prazas de especialista en saúde mental
 

04/10/22 | 10:53 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana que vén en Monforte ata cinco xornadas sobre xestión técnico económica de distintos tipos de explotacións

Previstas do 10 ao 14 de outubro, as accións formativas abordarán as peculiaridades das granxas de vacún de leite, das explotacións de gandería extensiva, das que precisan base territorial e das de cultivos, fruticultura, vitivinicultura e apicultura

04/10/22 | 10:44

A Xunta pon en valor a economía social que suma en Galicia máis de 7.000 entidades que xeran un emprego inclusivo, igualitario e próximo ao territorio

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, destacou hoxe os beneficios e vantaxes deste modelo de negocio nunha charla organizada pola Rede Eusumo no IES de Sabón
 

04/10/22 | 10:43 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.333 casos activos por coronavirus

Un total de 673.257 pacientes xa están curados
 

04/10/22 | 09:30

Pemes, autónomos e cooperativas poden solicitar desde hoxe os apoios de ‘Xempre Emprendemento’ para financiar investimentos realizados este ano

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, activou as axudas económicas que permitirán financiar, entre outros, gastos derivados da adquisición de informática, mobiliario ou de eficiencia enerxética

03/10/22 | 19:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Semana Olimpica reúne en Vilagarcía ao presente e futuro da vela nacional nun novo éxito organizativo do deporte galego

O secretario xeral para o Deporte volveu a insistir na importancia da vela para os vindeiros Xogos Olímpicos

03/10/22 | 18:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Entregados os XXVIII Premios Publicidade en Galego, que cada ano recoñecen campañas publicitarias

Os galardóns desta edición foron para a Asociación PuntoGal, R Cable e Telecable Telecomunicacións, o Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro, Aqualia, o CIFP Leixa e unha mención de honra para a empresa Sistemas de Seguridade A1

03/10/22 | 17:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor inaugura o obradoiro de emprego de Noia, Lousame e Outes a que formará 20 alumnos en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

O delegado da Xunta informou que na comarca do Barbanza o Goberno galego financiará 5 obradoiros de emprego na convocatoria 22-23 cun investimento que supera os 2,3 millóns de euros