Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A xestión da atención primaria galega, premiada pola súa excelencia innovadora e sostible
Os “V Premios ás Boas Prácticas en Xestión”, entregados o pasado 27 de setembro no museo Reina Sofía de Madrid, recoñeceron os plans locais de saúde de Galicia como iniciativas de excelencia de xestión sanitaria
A Xunta forma a profesionais da cultura no deseño de políticas inclusivas nos museos galegos
O martes celébrase en Santiago de Compostela a xornada ‘Museos Sociais’ na que expertos reflexionarán sobre como mellorar o acceso e participación
A Xunta activa o convenio con Farmamundi para a atención á poboación afectada polo furacán Fiona na República Dominicana
A actuación enmárcase nos acordos de resposta ante emerxencias e suporá unha achega de 16.000 euros para a distribución de alimentos e artigos de hixiene, entre outras actividades
A Xunta coproducirá os novos espectáculos de danza de Kirenia Martínez, Janet Novás e Paula Quintas
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades adxudica 54.000 euros a estes proxectos, inseridos no programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego
A Xunta iniciará o luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes de 4 vías autonómicas da provincia de Ourense e seguirá cos iniciados nas da Coruña, Lugo e Pontevedra
Actuarase na OU-171, no Carballiño e no Irixo; na OU-212 en Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-402 en Castrelo de Miño ; e na VG-3.1 en San Cibrao das Viñas
A Xunta pon en marcha o novo programa de estadías lingüísticas ‘Spring Week’ con 1.575 prazas
O obxectivo é estimular a práctica oral do alumnado de 6º de Primaria a 4º de ESO en lingua inglesa, co apoio de profesorado nativo, e fomentar a convivencia
A Xunta salienta en Redondela a calidade e profesionalidade do comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou a Feira anual de oportunidades e novidades desta localidade pontevedresa, e asistiu ao sorteo da campaña ‘Mercar no teu comercio ten premio’
Os enxeñeiros de telecomunicacións de Galicia recoñecen o modelo de aldeas intelixentes da Xunta
O xurado valorou que esta iniciativa “trata de garantir a dixitalización e a redución da fenda dixital en contornas rurais, da man de solucións sustentables que teñan o menor impacto posible”
A Xunta comparte o éxito da iniciativa do pacto das alcaldías en Galicia na Conferencia internacional da alianza do clima en Luxemburgo
O número de concellos adscritos pasou dos 22 en 2017, ano no que Galicia asumiu a coordinación desta iniciativa, aos 285 actuais