Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/10/22 | 13:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O FIOT de Carballo celebra o 30º aniversario de Mofa & Befa coa estrea de ‘Pirolíticos’, montaxe que conta co apoio da Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa no acto de presentación do espectáculo no marco da homenaxe que lle rende o festival carballés ao dúo cómico que integran Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira
 

03/10/22 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o concello de Mugardos investigan o xacemento arqueolóxico de Noville

Vén de rematar o traballo de campo que busca achegar información relevante para planificar con maior eficacia futuros traballos neste espazo

03/10/22 | 13:48

A Xunta activa a formación laboral de 20 persoas desempregadas da Guarda co obradoiro 'Manuel B. Portela VIII’

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Antonio Lomba, presidíu esta mañá o acto de inauguración desta iniciativa, que conta cun investimento de 504.000€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
 

03/10/22 | 13:33 | C. de Sanidade

Galicia completa o mapa de centros de investigación galegos coa acreditación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur en Vigo

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destaca o alto nivel dos profesionais adscritos e a aposta pola investigación para a mellora do sistema sanitario e da sociedade

03/10/22 | 13:25

Galicia e Portugal investirán 16,4 M€ ata 2025 para garantir o desenvolvemento sustentable da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés

Ángeles Vázquez incide en que o obxectivo é conxugar a preservación do patrimonio natural e cultural, o turismo e as necesidades dos habitantes neste espazo protexido

03/10/22 | 13:23 | Axencia de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostelería de Galicia comeza o curso con varias formacións en sustentabilidade para empresas

O Centro está consolidado xa como referente internacional para o sector tanto en calidade como en especialización

03/10/22 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que a ampliación do instituto Sanxillao avala a aposta da Xunta polo reforzo das ensinanzas de Formación Profesional

O Goberno galego vén de investir máis de 1,8M€ na dotación de novos espazos para dar servizo aos ciclos das familias de Hostalaría e turismo e de Industrias alimentarias “nas que o centro é un referente”, segundo lembra o conselleiro de Educación
 

03/10/22 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda valora as obras de acceso ao polígono de Sabón, en Arteixo, un dos que máis tiran do emprego en Galicia, como mostra do compromiso da Xunta coa comarca da Coruña

Investíronse máis de 6,3 M€ para mellorar as comunicacións e ofrecer solucións ás retencións en horas punta, ademais de incrementar a seguridade viaria

03/10/22 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o traballo de Gradiant para achegar ao tecido produtivo solucións tecnolóxicas innovadoras

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou en Vigo na apertura da 'Demoweek' que presentará ata o venres os desenvolvementos do centro tecnolóxico en ámbitos como a conectividade e 5G, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os drons e a industria intelixente