Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/10/22 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Turístico da Xunta pode gastarse ata finais de ano nos 156 negocios adscritos na provincia de Lugo

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que as tarxetas reactiváronse tralo verán “para axudar a impulsar o sector fóra da tempada alta”
 

04/10/22 | 12:31

Particulares e comunidades de veciños poderán optar a partir de mañá a axudas de ata 12.500 € para facer máis accesibles as súas vivendas e edificios

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe a convocatoria do programa, cun orzamento de 4,3 M€ e prazo de solicitude ata o 7 de novembro
 

04/10/22 | 12:27 | C. do Medio Rural

Expertos portugueses en desenvolvemento rural interésanse polo modelo galego das aldeas intelixentes no que traballa a Xunta

Unha delegación da Comunidade Intermunicipal Tâmega e Sousa, que agrupa 11 municipios do norte luso, viaxou ao concello ourensán da Veiga para afondar neste proxecto da Consellería do Medio Rural e para coñecer a aldea modelo de Meixide
 

04/10/22 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Conde resalta que a planta de Omega-3 que IFFE Biotech porá en marcha nas Somozas contribuirá a facer de Galicia un referente no sector

Agradece ao Grupo IFFE Futura a confianza que están depositando en Galicia implantándose nun concello e nunha comarca que necesitan iniciativa industrial cun proxecto de alto valor engadido

04/10/22 | 12:18

Xunta e Cámara de Comercio da Coruña colaborarán para conectar a demanda e a oferta de postos de traballo e dar cobertura ás vacantes existentes

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na apertura da Feira de Emprego organizada pola Cámara de Comercio herculina

04/10/22 | 12:17

Galicia rexistra a segunda cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica (1996) nun mes de setembro

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, fixo hoxe na Coruña, na Feira de Emprego da Cámara de Comercio, unha valoración dos datos do paro rexistrado e afiliacións

04/10/22 | 11:56 | C. de Sanidade

O Sergas incorpora persoal fixo nas especialidades de medicina interna, cirurxía ortopédica e traumatoloxía

Serán un total de 100 profesionais. Deles, 53 corresponden a especialidade de cirurxía ortopédica e traumatoloxía e 47 a medicina interna

04/10/22 | 11:39 | C. de Facenda e Administración Pública

Expertos nacionais do control público analizan como auditar de xeito eficaz á Administración nun curso superior organizado pola Xunta de Galicia

A Escola Galega de Administración Pública inaugurará mañá mércores o curso no que participarán, entre outros, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o conselleiro da Área Institucional do Consello de Contas de Galicia, Anxo Calvo Silvosa, e o interventor e auditor-director técnico en funcións do Consello de Contas de Galicia, Ulpiano Villanueva Rodríguez