Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A unidade de atención temperá da Xunta de Galicia en Toques presta coidados especializados a unha vintena de nenos
Un equipo multidisciplinar ofrece unha resposta integral ás necesidades dos pequenos en campos como a fisioterapia, a logopedia, a psicoloxía e a pedagoxía
A Xunta pon en valor o traballo da Policía para velar pola seguridade da cidadanía galega e consolidar a imaxe de Galicia como un destino seguro
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou hoxe na conmemoración e entrega de condecoracións do Día da policía, e incidiu na necesidade de completar o cadro de persoal da Policía Autonómica para facer fronte ás súas funcións como a prevención e investigación de incendios forestais ou a vixilancia dos Camiños de Santiago neste Xacobeo 21-22
Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia
O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior
A Xunta recoñece o importante labor dos centros de recuperación de fauna que levan atendidos máis de 4.000 animais no que vai de ano
Ángeles Vázquez incide no papel fundamental que teñen estas instalacións no coidado e recuperación dos animais que non estean en condicións de subsistir por si mesmos no medio natural
A Xunta promove a perspectiva de xénero na seguridade a bordo dos buques nunha visita á escola marítimo-pesqueira de Ribeira
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe no 1º curso superior de máquinas que desenvolven a Xunta e Fundamar
A Xunta destina preto de 190.000 euros á mellora das escolas infantís Sagrado Corazón e Paradai de Lugo
Na escola infantil Sagrado Corazón reconfigurarase a zona de xogos, para o que se destinarán preto de 70.000 euros
A cuarta edición da Business Factory Aero da Xunta de Galicia arranca coa participación de 11 proxectos empresariais
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, mantivo un encontro en Lugo con representantes das iniciativas participantes nesta aceleradora, na que por vez primeira haberá tres itinerarios: incubación (tres proxectos), aceleración (cinco) e consolidación (tres)
Ethel Vázquez anuncia que a Xunta rematará 2022 cun novo impulso ao saneamento da Ría de Arousa poñendo en marcha catro actuacións que suman un investimento de máis de 18 M€
Vázquez Mourelle destaca a licitación hoxe por 1 M€ da mellora do bombeo e colector de Cabanelas, que comezará no 1º semestre de 2023 e rematará nese ano
A Xunta habilitará a solicitude de renovación de receitas a través da aplicación SergasMóbil
A app alertará ao usuario cando a caducidade das receitas estea próxima e permitirá solicitar a renovación, podendo ser autorizada tamén de xeito electrónico polo persoal sanitario no caso de valorala procedente
A Xunta apoia ao sector da produción de planta en Galicia durante a celebración da 51ª edición de Iberflora
No evento, que é referente entre as feiras de xardinaría, participan ata nove empresas e asociacións galegas do sector