Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta activa a formación laboral de 20 persoas desempregadas de Moraña e Valga co obradoiro ‘Ulla-Umia VI’
O delegado territorial, Luis López, acompañado dos alcaldes José Cela e José María Bello, presidíu esta mañá o acto de inauguración desta iniciativa, que conta cun investimento de 504.000€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
A Xunta celebra que os produtos amparados pola IXP Vaca Gallega - Buey gallego poidan comercializarse xa en todo o territorio da Unión Europea
A ampliación de mercado será posible unha vez o Diario Oficial da Unión Europea publica hoxe a inscrición desta indicación xeográfica protexida no rexistro da UE
Rueda destaca que os Orzamentos de 2023 recollerán un investimento de 18 M€ para impulsar a construción de instalacións deportivas
Anuncia que a Xunta xa está a traballar na posta en marcha da Oficina de Atención ao Deportista Galego de Alto Nivel para reforzar o apoio aos profesionais
A Xunta avoga no Parlamento por devolverlle á aldea galega o seu papel protagonista como sistema de ordenación do territorio rural que sempre cumpriu
José González engadiu que, en todo caso, esa aldea “ten que construírse con criterios do século XXI e poder presumir dela como un modelo a replicar en calquera outra parte do territorio”
A Xunta continúa a agardar por unha parcela urbanisticamente viable para poder iniciar o novo centro de saúde de Caldas de Reis
O conselleiro de Sanidade informou de que o Plan Especial que tramita o concello de non dá resposta ás necesidades do Sergas para a instalación dun centro de saúde neses terreos
A Xunta aposta por centrar os esforzos en reducir as emisións da agricultura para acadar a neutralidade climática neste sector en 2035
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións onde se debateu sobre as estratexias rexionais de adaptación para acadar unha agricultura baixa en carbono
Ethel Vázquez destaca que a solución definida para reconstruír o treito afundido da Estrada do Courel é idónea desde o punto de vista técnico, ambiental e funcional
Vázquez Mourelle sinala que a actuación consiste na execución a media ladeira dun treito de 840 metros de novo trazado na LU-651, a unha cota intermedia entre a traza orixinal, salvando a zona do derrubamento cunha pendente máxima do 8%
A Xunta solicita ao Goberno ampliar os prazos de tramitación que ten fixados para evitar a caducidade dos permisos de acceso e conexión dos proxectos eólicos
Conde apunta que, desde que o Goberno aprobou en 2020 o decreto de medidas en materia de enerxía, as solicitudes de eólicos en Galicia se multiplicaron por nove —144 parques que suman 4100MW— cuns prazos moi xustos para a súa tramitación