Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/10/22 | 16:48 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que Galicia achega experiencia e estabilidade para contribuír á recuperación e ao crecemento económico

Avanza que os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, ademais de recoller novas medidas fiscais, van incluír o maior investimento público da historia de Galicia en materia de enerxía
 

03/10/22 | 16:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e sindicatos pechan a oferta de 1.156 prazas do concurso de méritos, que se convocará este mes e se resolverá durante este curso académico

As persoas interesadas terán un prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte da publicación da no Diario Oficial de Galicia para presentar a súa solicitude e méritos

03/10/22 | 15:14

A Xunta publica o plan de conservación da Fraga de Catasós que destina 250.000 euros á posta en valor deste monumento natural nos próximos anos

Belén do Campo salienta que este espazo natural presenta unhas características botánicas de grande importancia, singularidade e beleza xa que a súa maior parte constitúe un importante bosque mixto de carballo e castiñeiro

03/10/22 | 15:12 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia participa na San Sebastián Gastronómika 2022 da man da chef Lucía Freitas

A chef Lucía Freitas presentou esta mañá na capital guipuscoana o seu proxecto “Amas da terra”, no que reivindica a importancia dos oficios que se atopan na base da alta cociña e para o que estivo acompañada por un grupo de 25 mulleres entre as que se atopaban tres profesionais da Artesanía de Galicia

03/10/22 | 14:51 | A Presidencia da Xunta

Rueda exixe un compromiso real do Goberno central co AVE Vigo-Porto por ser unha "infraestrutura estratéxica" para o desenvolvemento de Galicia e o Norte de Portugal

Reclama ao Executivo de España a mesma altura que tivo o luso con esta conexión ferroviaria entre ambas cidades e adianta que así llo pedirá no vindeiro Cumio Ibérico
 

03/10/22 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía ata o 24 de outubro o prazo para que a mocidade do exterior solicite as bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico

Trátase do programa ‘Retorna Mocidade’, do que poderán beneficiarse 54 mozos que recibirán unha bolsa 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 22-23
 

03/10/22 | 14:46

A Xunta ratifica a súa aposta polos empregos verdes na inauguración do obradoiro dual ‘Reserva da biosfera’ no que colaboran 8 concellos coruñeses

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, abriu hoxe o novo obradoiro dual ‘Reserva da Biosfera: emprego verde II’ organizado por Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada

03/10/22 | 14:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza unha convocatoria para incorporar iniciativas culturais, sociais e tecnolóxicas no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura

Ofértanse un total de 36 postos de traballo entre o Viveiro Gaiás e o Espazo de Cotraballo do CEM
 

03/10/22 | 14:28

A Xunta inaugura en Lugo a exposición ‘ArteNON’ que integra a visión artística de 12 ilustradoras contra a violencia de xénero

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, puxo en valor na presentación da mostra, o emprego da arte como instrumento de loita pola igualdade e para a sensibilización da cidadanía

03/10/22 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudicará a vindeira semana a rehabilitación integral do instituto de Foz, cun investimento de máis de 1,2 M€

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, explica que as obras, enfocadas principalmente á eficiencia enerxética, suporán un aforro de consumo anual de máis do 56%