Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/10/22 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co Concello de Quiroga para restablecer as infraestruturas de abastecemento de auga danadas polos incendios mediante un investimento de case 140.000 €

O obxectivo é repoñer a tubaxe danada en xullo na zona de captación de Leixazós para dar servizo a 1.289 veciños da Ermida, San Vitorio, Pacios de Mondelo e do casco urbano de Quiroga
 

01/10/22 | 11:15 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.452 casos activos de coronavirus

? Un total de 672.845 pacientes xa están curados

01/10/22 | 11:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza a bo ritmo na execución da nova senda entre A Xira e Cambre, que suporá un investimento autonómico de máis de 520.000€

Estas obras na estrada AC-214 comezaron en xuño e consisten na construción dun itinerario mixto, peonil e ciclista, de máis de 1,3 km que atravesa a ponte sobre o río Mero e conecta núcleos e zonas de equipamento e servizos
 

01/10/22 | 10:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia catro proxectos artísticos ligados á realidade virtual, á innovación téxtil, á saúde mental e ao patrimonio sonoro nas residencias do Gaiás

Realizarán o seu traballo na Cidade da Cultura entre outubro e decembro cunha bolsa de 8.000 euros por proxecto ademais de espazos, recursos e equipos técnicos

30/09/22 | 21:07 | A Presidencia da Xunta

Rueda sinala a cooperación institucional, o apoio ás familias e a xeración de oportunidades como claves na estratexia ante o reto demográfico

Subliña que Galicia é pioneira e referente na posta en marcha de medidas para apoiar as familias e a conciliación, como a gratuidade da educación infantil e a Lei de impulso demográfico
 

30/09/22 | 21:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vigo o papel das asociacións de comerciantes no impulso dos negocios locais

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na presentación da campaña ‘Premiamos a túa compra’, impulsado por As Travesas Centro Comercial Aberto, así como no sorteo da iniciativa ‘Mercar no teu comercio ten premio’, organizada a nivel autonómico pola Federación Galega de Comercio e coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes de Navia

30/09/22 | 21:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o OUFF como un dos grandes encontros para o músculo audiovisual galego

Salienta o seu papel para dar o pulo definitivo a Ourense como cidade de cinema

30/09/22 | 18:23

Galicia coincide con outras autonomías en denunciar a pretendida invasión de competencias do estado na xestión dos portos autonómicos

A presidenta de Portos de Galicia abordou este asunto nunha mesa redonda na que participou xunto con representantes de Puertos de Andalucía e Ports de la Generalitat de Catalunya no marco dunhas xornadas sobre a integración entre portos e cidades

30/09/22 | 18:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa afianza o compromiso da Xunta co deporte como motor económico e social nunha nova tempada que aspira a bater récords

Así o apuntou na inauguración do Máster en Xestión Empresarial do Deporte, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense da Universidade de Vigo