Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/09/22 | 16:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca que a “igualdade e a inclusión” están máis preto grazas ao deporte e a eventos como o Open Nacional de Xadrez para Cegos

O secretario xeral para o Deporte destaca que esa é a primeira lección que os nosos nenos e nenas aprenden no programa Xogade é que “ante o deporte e ante a vida, todos somos iguais”

30/09/22 | 16:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López salienta o coidado dos maiores como “máxima prioridade” da Xunta na recuperada festa da terceira idade de Rodeiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado polo alcalde, Rubén Quintá, e doutros representantes municipais, participou hoxe nesta xuntanza, á que asistiron máis de 200 veciños de Rodeiro
 

30/09/22 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Patrimonio autoriza a proposta municipal para continuar co proxecto de construción dun inmoble de vivendas protexidas na rúa Castro 22-24

Establécense unha serie de condicións para seguir coa execución dos traballos e garantir a integridade e conservación dos restos atopados nos que, á vista do informe valorativo, non existen evidencias dunha muralla medieval

30/09/22 | 15:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o Día internacional da tradución coa presentación da XI edición do encontro ‘Con barqueira e remador’ e a entrega do XX Premio Plácido Castro

Anxo M. Lorenzo e Yolanda Castaño expoñen o obradoiro de Tradución Poética, que se celebrará na Illa de San Simón entre o 24 e 29 de outubro

30/09/22 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros pon en valor as actividades da G-Night á hora de achegar o traballo das investigadoras e investigadores galegos á sociedade

A representante do Goberno galego compartiu a mañá con alumnos do Ciclo de Deseño de Fabricación Mecánica do CIFP Ferrolterra e do CEIP A Laxe que participaron en talleres sobre novos materiais e realidade virtual e aumentada

30/09/22 | 14:50

A Xunta informa en Padrón das novas axudas Xempre Emprendemento de ata 30.000 € para apoiar investimentos de pemes, autónomos e entidades de economía social

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na presentación do coworking emprendemento sustentable de proxectos culturais e artísticos no rural da Fundación Paideia Galicia

30/09/22 | 14:50

Fernández-Tapias lamenta que Vigo perda a oportunidade de liderar o movemento municipal polo cambio climático

A delegada territorial da Xunta critica “o nulo compromiso” do alcalde neste eido, que non chegou a presentar o preceptivo Plan de Acción pola Enerxía Sostible cando formaba parte do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía

30/09/22 | 14:46 | A Presidencia da Xunta

Galicia, premio ao mellor stand Fitur 2022

O stand proxectaba unha imaxe de Galicia chea de ilusión, nun Xacobeo que bate récords

30/09/22 | 14:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presta coidados profesionais para favorecer o envellecemento activo dunha trintena de maiores no centro de día de Mondariz

A través da rede pública de servizos de atención diúrna favorécese a autonomía das persoas de avanzada idade sen saír do seu contorno, ademais de supoñer un importe apoio para a conciliación das familias

30/09/22 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia brinda unha ollada singular sobre a evolución do fenómeno Xacobeo nos últimos 70 anos a través dos seus documentos

A exposición ‘Ano Santo: o rexurdimento dun camiño para todos e todas’ abrangue desde a celebración máis espiritual de 1954 a un enfoque máis turístico e internacional ao longo do tempo