Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/09/22 | 12:10

A Xunta apoia en Larouco e San Xoán de Río con máis de 40.000€ a conciliación corresponsable e promove a igualdade e a prevención contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na clausura da presentación de resultados dos proxectos Enrede e RíoConcilia que desenvolveron os dous concellos ourensás co financiamento económico de Igualdade

30/09/22 | 12:07 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o consumo de produtos ecolóxicos de proximidade en comedores escolares e colectivos de cara á mitigación do cambio climático

José Luis Cabarcos gabou a iniciativa coordinada pola escola infantil municipal A Caracola e pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que contou cunha axuda de case 51.000 euros no marco da medida Leader

30/09/22 | 11:20

Trenor inaugura o obradoiro de emprego de Oza-Cesuras, Coirós e Mesía que formará 20 alumnos en atención sociosanitaria e conservación de montes

O delegado da Xunta informou que na comarca da Coruña o Goberno galego financiará 9 obradoiros de emprego na convocatoria 22-23 cun investimento que supera os 4,5 millóns de euros

30/09/22 | 11:13

A Xunta pon en valor os apoios á economía social que neste 2022 supoñen un investimento por riba dos 35 M€

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou en Narón nun encontro sobre Economía Social e Emprendemento no que destacou o nacemento de 174 iniciativas no sector nun ano

30/09/22 | 11:06 | C. do Medio Rural

Un total de 150 comunidades de montes veciñais, agrupacións e particulares beneficiaranse de case 4,5 M€ en axudas para a plantación de frondosas e coníferas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da orde de achegas da Consellería do Medio Rural para a plantación destas especies en arredor de 2.500 hectáreas dos montes galegos
Máis dunha quinta parte destes expedientes contemplan a transformación de terreos con eucalipto ou acacia negra en masas de coníferas ou de frondosas, acadando neste caso unha superficie de actuación de case 130 ha

30/09/22 | 11:06 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.484 casos activos por coronavirus

Un total de 672.675 pacientes xa están curados
 

30/09/22 | 10:49 | C. do Medio Rural

A Xunta eleva ata os case 41,6 M€ o orzamento total da convocatoria de axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que incrementa o orzamento desta convocatoria, ao tempo que amplía ata o 10 de novembro o prazo para xustificar os investimentos correspondentes a este ano

29/09/22 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O mundo do fútbol protagoniza a estrea da temporada do Centro Dramático Galego con Ainé

O conselleiro de Cultura asiste á primeira función da obra xunto a presidentes de varios clubes de fútbol galegos

29/09/22 | 20:17 | A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza os proxectos políticos sólidos, amplos e estables como o de Galicia como o mellor xeito de defender e promover as democracias

Sinala que a Comunidade seguirá contribuíndo ao fortalecemento dos sistemas democráticos pola vía dos feitos, desde a experiencia, a responsabilidade e a unidade dos cidadáns, e aportando á España constitucional e á Europa unida

29/09/22 | 19:24 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica na primeira quenda 91 das 106 prazas de difícil cobertura na atención primaria a través do concurso de méritos

Logo desta primeira quenda de elección, o Executivo galego convocará proximamente a segunda quenda para a elección das prazas restantes