Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia reforzará os seus vínculos con Xapón, que multiplicou por catro os seus peregrinos nunha década
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou hoxe en Padrón na inauguración da exposición fotográfica ‘Kumano Kodo. Camiño de peregrinación’
Feijóo referenda en Uruguai o compromiso da Xunta cos galegos no exterior e salienta que os programas de atención social chegaron a máis de 30.000 galegos o ano pasado
Destaca que a Xunta destinou en 2019 un total de 4 millóns: para axudas directas a máis de 8.000 familias; e para a prestación de servizos sociais, a través da colaboración con entidades, chegando a máis de 21.000 galegos residentes no exterior
O Campionato Provincial de Campo a Través Xogade celebrado en Vigo acada un récord de participación con 1.300 escolares e un 51% de inscricións femininas
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, desprazáronse hoxe a este evento
Ethel Vázquez comprométese cos afectados de Chapela e Trasmañó a trasladar ao Goberno de España as súas demandas de execución das medidas compensatorias polas obras de ampliación da AP9
A Xunta reiterará a súa solicitude de convocatoria da comisión conxunta da seguimento da autoestrada
Medio Ambiente ofrece este inverno case 250 prazas en 14 rutas guiadas para explorar o patrimonio natural das Illas Atlánticas
O prazo para participar no programa ‘Descubrindo o Parque Nacional’ abrirase o vindeiro luns e as excursións desenvolveranse entre o 9 de febreiro e o 25 de abril
A Xunta aposta por estender o modelo SEMGAL ao conxunto do sistema educativo galego, como exemplo de inclusión nas aulas
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, inauguraron hoxe a I Xornada formativa sobre este Modelo de Enriquecemento Escolar adaptado a Galicia, que congrega a uns 350 docentes
A Xunta remata a nova senda da estrada PO-309 ao seu paso polo Concello de Poio, entre Portosanto e o enlace á autopista AP9, mellorando a mobilidade dos veciños e a seguridade viaria
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina a esta actuación un investimento de máis de 48.000 euros
A Xunta de Galicia achegará 300.000 euros para un centro sociocomunitario e ambiental no concello de Tordoia
O Concello encargarase de executar as obras de construción deste centro, que será un referente en materia ambiental no municipio
A Xunta crea o grupo de traballo das asociacións de amigos do Camiño de Santiago e fundacións xacobeas en Galicia
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou no acto fundacional a “vontade de encontro” para establecer “as mellores canles de diálogo posibles” entre o asociacionismo xacobeo e o Goberno galego