Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O 061 de Galicia asistiu a 53 persoas por 46 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 31 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 2 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta impulsa o Camiño de Inverno coa estrea dun audiovisual sobre esta ruta incluído en 'O teu Xacobeo'
A comisaria do Xacobeo 2021 presentou hoxe en Monforte de Lemos este documental apoiado pola Xunta que recolle as experiencias persoais dun peregrino
A nova Lei de aproveitamento lúdico das augas termais permitirá impulsar un crecemento ordenado e seguro do sector
A normativa, que entra hoxe en vigor, dá resposta a unha demanda social e empresarial
A Xunta facilita a certificación en prevención de riscos laborais a alumnos e titulados de FP
Publica no DOG unha orde na que se regula por primeira vez o procedemento e se dan resposta ás dúbidas de todas as partes implicadas
A Fundación Galicia Europa convoca cinco bolsas para a formación práctica en asuntos europeos durante o ano 2020
Estas bolsas formativas están dirixidas a titulados universitarios e técnicos superiores en Formación Profesional
A Xunta promocionará os produtos de calidade do agro e do mar de Galicia no XXI Salón Gastronómico Xantar
A Consellería do Medio Rural terá un posto onde estarán presentes un total de 14 entidades agroalimentarias
A Xunta inicia no Festival de Clermont-Ferand a difusión do novo catálogo 'Shorts from Galicia' cunha escolma de seis curtas
Atópase entre elas a fita ’16 de decembro’, coa que Álvaro Gago volve competir no prestixioso festival internacional de curtametraxes, que se desenvolve ata o 8 de febreiro nesta localidade francesa
A Xunta impulsa o emprego local a través de tres programas que permitirán aos concellos galegos contratar a 1800 persoas desempregadas
O Goberno galego abre as convocatorias de axudas que, cun investimento de 16M€, apoiarán a contratación de 700 persoas perceptoras da Risga; 500 desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social; e 600 para tarefas de prevención de incendios
A Xunta abre o prazo de inscrición para que 420 empregados públicos poidan lograr un ascenso ou cambio de categoría
? Estes procesos selectivos de promoción interna facilitan a progresión profesional do traballador e a conciliación da súa vida familiar e laboral
Inclúense 127 prazas para o corpo de xestión e 195 para o corpo administrativo