Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia ás Anpas na posta en marcha de programas de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas, que se inscriben no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
A Xunta informa aos empresarios da comarca do Deza dos apoios que ofrece para contribuír ao impulso da súa competitividade
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nun networking con empresarios, autónomos e emprendedores, onde se fixo balance dos distintos programas da Administración autonómica
A Consellería de Política Social achegará 200.000 euros para o acondicionamento dun centro social no concello de Arbo
Ao longo deste primeiro trimestre formalizarase a firma do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello
Román Rodríguez destaca na súa reunión con Inés Rey que 'Xacobeo Cidades' chegará á Coruña a partir do mes de marzo
O conselleiro de Cultura e Turismo mantivo un encontro coa alcaldesa da Coruña para informar dos plans para a cidade no marco do Xacobeo 2021
A Xunta clausura en Cambre a segunda edición de '21 días co galego e +'
O secretario xeral de Política Lingüística e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa valoraron as claves do éxito deste programa de dinamización lingüística que chegou a case 4000 estudantes
A Policía Autonómica leva a cabo 57 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores
A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, realiza diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega
A Xunta e a Deputación da Coruña abordan vías de cooperación para axudar aos concellos a cumprir as súas competencias sobre incendios forestais
Ambos responsables avaliaron, xunto co director xeral de Defensa do Monte, iniciativas coma o convenio entre o Goberno galego, a Fegamp e Seaga para a xestión da biomasa preto das vivendas ou a figura das aldeas modelo
A Xunta presenta as propostas de iluminación ornamental da ponte de Rande e solicítalle ao Ministerio que facilite a súa instalación o antes posible
A concesionaria da AP-9 atendeu a demanda do Goberno galego de impulsaar a iluminación da ponte e dispón de alternativas de tres empresas sobre as que debe decidir o Ministerio titular da autoestrada