Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Medio Ambiente e Concello de Aranga completan a humanización do núcleo da Castellana, no que se investiron case 90.000 euros
A conselleira Ángeles Vázquez visitou o concello coruñés para comprobar o resultado dos traballos na zona, que concluíron o pasado mes de decembro
A Xunta apoia seis proxectos de eficiencia enerxética na Universidade da Coruña que permitirán un aforro anual de 240.000 euros na factura eléctrica
O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou hoxe na Coruña, xunto co reitor da UDC, Julio Abalde, as iniciativas que se realizarán nos edificios do Reitorado, o pavillón de Elviña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura e La Normal -no campus da Coruña- e na Facultade de Humanidades e na Escola Politécnica Superior -no campus de Ferrol-
A Xunta destina este ano 26 M€ en axudas para transformación e comercialización de produtos agrarios
José González cualificou esta fábrica como unha “instalación de referencia” en Galicia no que atinxe á posta en valor do leite e lembrou que recolle na nosa comunidade uns 159 millóns de litros de leite ao ano e beneficia a 150 gandeiros
A Xunta pon en marcha unha nova orde de axudas para melloras en centros de menores de iniciativa social
O Goberno galego destinará un orzamento total de 625.000 euros nesta convocatoria
Case 80 asociacións de veciños da provincia de Pontevedra beneficiáronse das achegas da Xunta con máis de 861.000 euros
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reuniuse hoxe con asociacións veciñais, comunidades de usuarios de auga e entidades de mulleres rurais da provincia para darlles a coñecer a convocatoria de axudas para 2020 que poden solicitar ata o 30 de xaneiro
A Xunta avalía cos autónomos de Lugo as medidas que vai poñer en marcha en 2020 para acompañalos no desenvolvemento da súa actividade
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun novo encontro dos Venres Autónomos impulsados desde o Goberno galego para favorecer a comunicación directa e o debate con este colectivo
O stand do Xacobeo 21 en Fitur permitirá recrear o Camiño de Santiago cun percorrido sensorial inmersivo
O conselleiro de Cultura e Turismo e a directora da Axencia Turismo de Galicia presentaron en rolda de prensa o espazo da nosa Comunidade nesta feira internacional que se celebrará en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro
O tempo medio de espera cirúrxica no Sergas rexistra, con 54,5 días, o mellor dato acadado na súa historia
No que atinxe ao tempo medio de espera para as primeiras consultas de enfermidade, sitúase como a cifra máis baixa de toda a serie histórica, 41,5 días de espera media, 3,3 días menos que o ano anterior
Medio Ambiente abre o período de consulta pública da primeira Lei de protección e avaliación ambiental de plans, programas e proxectos
O Portal de Transparencia da Xunta publica a documentación relativa a esta nova lei que se pretende tramitar para compatiblilizar a protección ambiental e as actividades económicas
A Consellería do Medio Rural levanta a prohibición de plantar pataca en nove concellos galegos afectados pola couza
O DOG publica hoxe a resolución que fai efectivo o acordo acadado co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación