Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/01/20 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Infraestruturas licita as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-551 ao seu paso por Marín e Bueu

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou a zona onde se van a executar as obras, recordando que se executarán dúas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu e tamén se mellorará unha intersección no Concello de Marín

16/01/20 | 14:19 | C. de Economía e Industria

O programa integrado da Mancomunidade do Salnés impulsará a formación e oportunidades laborais de 100 persoas desempregadas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asistiu hoxe en Vilagarcía de Arousa á presentación deste programa apoiado pola Xunta

16/01/20 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un total de 12 cooperativas agrarias de Santiago recibiron máis de 840.000€ en axudas da Xunta para o fomento do uso de maquinaria en réxime asociativo

Ovidio Rodeiro destacou que os principais obxectivos que perseguen estas axudas son a utilización de maquinaria de forma comunitaria, así como fomentar o uso de novas tecnoloxías e o aforro enerxético

16/01/20 | 13:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vilalba a especialización e o talento dos mozos galegos como chaves para impulsar a Industria 4.0

O director do Igape, Juan Cividanes, visita as instalacións de Pelé Design and Retail, unhas das 85 empresas que contratarán persoas novas a través do programa Profesionais 4.0

16/01/20 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de construción de tres sendas peonís nos concellos de Monterrei e O Pereiro de Aguiar por un importe de máis de 1,1 M€

A delegada territorial, xunto cos alcaldes de ambos os dous municipios, presentou as características dos proxectos que se executarán co fin de incrementar a seguridade e promover unha mobilidade máis sustentable

16/01/20 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a alerta laranxa vixente por vento que pode acadar refachos que superen os 120 km/h nalgunhas zonas da comunidade galega

Ademais, esténdese a alerta por vento ao interior de Lugo e ao noroeste de Ourense, estando o resto da comunidade en nivel amarelo

16/01/20 | 11:23 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta invistiu máis de 329.000€ para renovar e dotar de novos servizos ao espazo deportivo de A Galea en Miño

Ovidio Rodeiro comprobou o resultado das obras que xa foron entregadas ao concello e que se inclúen dentro das actuacións do plan Hurbe

16/01/20 | 11:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta repartiu máis de 278.000 euros en axudas para obras e equipamentos de 23 asociacións de veciños da provincia de Lugo

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe en Lugo da convocatoria para 2020 de axudas destinadas a asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e mulleres rurais

16/01/20 | 10:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicita una xuntanza con Renfe para abordar as incidencias nos servizos ferroviarios en Galicia

O Goberno galego demandará coñecer os plans da operadora para evitar os problemas que se están a repetir nas distintas liñas de transporte ferroviario da Comunidade

15/01/20 | 21:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza o valor da arquitectura para definirnos como somos, un pobo aberto que nunca renuncia a achegar a súa cultura ao gran río da cultura universal

Destaca que Manuel Gallego logra superar en cada obra a tensión entre a arquitectura case espontánea que floreceu noutros tempos en Galicia e a evolucionada, que sitúa á Comunidade no “Olimpo internacional dos arquitectos”