Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/01/20 | 16:49

Nova Galega de Danza estrea ‘Leira’ no Teatro Rosalía Castro da Coruña e dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O espectáculo, con dirección artística de Jaime Pablo Díaz, conta con seis bailaríns en escena e coa voz e a música en directo de Rosa Cedrón

16/01/20 | 15:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Ibermutua Galega avanzan na tramitación do novo centro integral de servizos no antigo Policlínico Cíes de Vigo

A nova propietaria proxecta no edificio un centro integral de servizos asistenciais e administrativos, dotado das técnicas terapéuticas máis avanzadas

16/01/20 | 15:18 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia aumentará a potencia eólica instalada en máis dun 15% grazas ao impulso que supuxo para este sector a Lei de implantación empresarial

Destaca que ao longo deste ano poderían entrar en funcionamento outros seis parques eólicos e unha repotenciación que suporía un incremento de 143 megavatios

16/01/20 | 15:18 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego activa unha achega de preto de 24,5 M€ para apoiar aos autónomos a emprender, crear emprego e conciliar

Feijóo destaca que con estas medidas poderanse beneficiar máis de 7.000 autónomos e traballadores e arredor de 545 empresas

16/01/20 | 15:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
16/01/20 | 15:15 | A Presidencia da Xunta

Feijóo confirma a aplicación xa dos incrementos salariais específicos na nómina de xaneiro dos empregados públicos e di que a suba xeral do 2% farase efectiva en canto o autorice o Goberno central

Explica que tamén se farán efectivas neste mes outras melloras salariais de ámbito sectorial que son resultado da negociación colectiva e que proceden de distintos acordos asinados coas organizacións sindicais

16/01/20 | 15:14 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta
16/01/20 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O próximo número da revista Administración & Cidadanía analizará os cambios políticos de España nos últimos anos

O número 2 volume 14 da publicación incluirá artigos sobre o rol dos partidos emerxentes na formación dos executivos autonómicos ou sobre os gobernos estatais de coalición

16/01/20 | 14:35 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia con case 200.000 euros a creación dun centro BTT en Fonfría (Pedrafita) que aposta polo turismo activo e sostible

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que se trata dun proxecto para a práctica da bicicleta todoterreo que recibiu unha achega do 50% do investimento xestionada polo GDR Montes e Vales Orientais