Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta cede ao concello de Lugo unha área no contorno do edificio administrativo para facilitar a urbanización da zona
Paralelamente, o Goberno galego solicita a concesión de dominio público sobre unha parte para seguir utilizando e asumindo o mantemento da explanada pavimentada
O Ministerio do Interior premia á Xunta pola súa colaboración no eido sanitario cos centros penais de Galicia
? O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, entregou hoxe en Córdoba ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a Medalla de Prata ao Mérito Social Penitenciario que concede a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias
A Xunta impulsa a creación dunha nova casa niño no concello de Verea
Permitirá a posta a disposición de cinco prazas de atención á infancia neste municipio no que non existía ningún recurso deste tipo
Lete Lasa reivindica a marcha nórdica como un dos máis completos deportes e destaca o apoio da Xunta ás novas modalidades olímpicas como a escalada
Destaca a aposta que a Xunta leva facendo dende hai anos pola escalada e anuncia que o Goberno galego xa traballa na primeira edición do Campionato galego de marcha nórdica e na inclusión da modalidade no programa Xogade
A Policía Autonómica en colaboración con Gardacostas comisa máis de 60 quilos de centolas no concello pontevedrés de Oia
No marco dun operativo de loita contra o furtivismo, membros do Equipo de Actividades Subacuáticas do Grupo Erpol de Santiago e gardacostas da Xefatura de Vigo incautaron 57 pezas, que foron liberadas e devoltas ao mar
A Xunta colabora coa autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao no acondicionamento da fachada marítima da cidade ferrolá
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentaron as actuacións para abrir a cidade ferrolá ao mar comunicando o centro urbano co porto nun acto no que se asinou o convenio de colaboración entre o Goberno galego e a Autoridade Portuaria para levar a cabo os traballos de acondicionamento
A Xunta inicia unha rolda de contactos para avanzar na elaboración da futura Lei de ordenación do litoral
Ángeles Vázquez recibe o apoio do Observatorio do Litoral e a súa vontade de colaborar na elaboración do texto lexislativo