Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta concede tres novas mencións de excelencia a másteres universitarios
Este ano súmanse a este recoñecemento os mestrados en Matemática Industrial (que imparten conxuntamente as tres universidades), en Computación de Altas Prestacións (entre as de Coruña e Santiago) e en Produción Xornalística e Audiovisual (da UDC)
A Xunta busca sinerxías na Semana do Clima de Nova York para incorporalas á futura lei galega sobre esta materia
Participar neste foro internacional ofrece a posibilidade de coñecer outras accións e boas prácticas que poden ser trasladadas á realidade galega e dar a coñecer os avances realizados pola Comunidade neste eido
A nova convocatoria do programa Xogade contará con 15 actividades deportivas escolares e 38 federacións participantes
O Diario Oficial de Galicia publicou a nova convocatoria que ademais das modalidades da actividade deportiva escolar e a actividade federada seguro deportivo 6-16 anos inclúe outras iniciativas destinadas a fomentar hábitos saudables e a práctica de deporte entre a poboación escolar
A Xunta impulsa 14 actividades artísticas, da saúde, patrimoniais e ambientais na Vía da Prata e o Camiño de Inverno con ‘O teu Xacobeo’
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, participou esta mañá na proposta O Camiño Diverso, pertencente ao proxecto O Camiño dos Sentidos e dos Saberes, cun percorrido pola ruta xacobea entre o Pazo de Camba e Río
O PAC da Laracha, paradigma das edificacións que promoven sostenibilidade
Coincidindo co Día Mundial da Construción Sostible, o edificio do PAC do concello coruñés é recoñecido pola súa sustentabilidade integral, na que destaca a súa funcionalidade e un consumo enerxético case nulo, 100% renovable
A Xunta destaca o papel dos farmacéuticos como punto de referencia da cidadanía
Os profesionais de Farmacia, que en Galicia superan os 5.500 colexiados, celebran mañá o Día Mundial do Farmacéutico baixo o lema “A Farmacia, unida por un mundo máis saudable”
Galicia explora novos sistemas para mellorar a trazabilidade dos produtos pesqueiros co proxecto Pescando 4.0
O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, socio co Instituto de Investigacións Mariñas nesta acción que lidera a Cooperativa de Armadores de Vigo, organiza o 11 de outubro un taller sobre o potencial da dixitalización e o Blockchain neste eido
Fernández-Tapias chama a poñerse na pel das persoas xordas “todas as horas e todos os días” e a sumar apoios na loita pola súa inclusión real
A delegada territorial da Xunta en Vigo e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participaron hoxe nos actos de celebración do Día Internacional das Persoas Xordas organizados por FAXPG
A Xunta asina co Concello de Cartelle o convenio para dotar de saneamento o núcleo rural de Couxiliño
A Xunta financiará integramente as obras, que suporán un investimento superior aos 48.000 €, e o Concello de Cartelle executará e manterá as novas infraestruturas