Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/09/22 | 14:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta achegas á nova proba da ABAU que ve precipitada e que non soluciona as desigualdades entre alumnos de distintas comunidades autónomas

Galicia insiste na necesidade de establecer unha proba homoxénea, que asegure niveis de esixencia similares entre territorios e unidade de criterios de corrección

26/09/22 | 14:50 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade impulsa no fórum gastronómico da Coruña a alianza das empresas e os cociñeiros coa sostibilidade

O selo de garantía dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación conta cun stand propio no que se presentan os produtos de empresas certificadas

26/09/22 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia a obra de construción da nova rede de saneamento de Reboredo, en Campo Lameiro, cun investimento de 362.000€

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde, Carlos Costa, supervisaron este mediodía o comezo dos traballos, que beneficiarán aos 70 veciños da zona e contan cun prazo de execución de catro meses
 

26/09/22 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que as rebaixas do 50% impulsan un incremento do 28% no uso do autobús autonómico entre a comarca de Bergantiños e A Coruña

Vázquez Mourelle destaca que o 19% do aumento dos desprazamentos en autobús cara A Coruña rexistrado na primeira quincena de setembro é imputable directamente ás bonificacións na tarifa e o resto se enmarca na recuperación do uso tras a pandemia
 

26/09/22 | 14:27

A Xunta actualiza o alumeado portuario de Ribeira con equipos de tecnoloxía LED de altas prestacións e software de telecontrol

O Executivo galego inviste 340.000 euros nesta actuación incluída nun contrato conxunto de 3,8 millóns para unha trintena de dársenas autonómicas, das que a ribeirense é a que recibe maior orzamento

26/09/22 | 14:17

A Xunta promove a inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental co programa Galicia Emprega Discapacidade-Exclusión social dotado con 40M€

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación Laboral, Zeltia Lado, visitou hoxe as instalacións en Santiago de Compostela da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes)

26/09/22 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia o traslado dos arquivos xudiciais á Cidade da Xustiza

O Goberno galego continuará a mediados do próximo mes co traslado das 39 unidades xudiciais que se instalarán no novo edificio, cunha media de dous órganos por semana

26/09/22 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias presenta o festival “Galicia Ilusiona” que chegará a Vigo en outubro como referente mundial da maxia da man do Xacobeo

A delegada territorial da Xunta destaca a iniciativa que ten como obxectivo levar e encher de ilusión toda a comunidade como reclamo turístico

26/09/22 | 13:47 | C. de Sanidade

A nova xerente do Sergas participa por primeira vez na reunión do Padroado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

O padroado estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña

26/09/22 | 13:45 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación de The Soul Jacket que actuará en Mos no marco dos Concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do concerto que terá lugar neste concello pontevedrés o vindeiro 7 outubro