Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/09/22 | 15:13 | A Presidencia da Xunta

Miranda felicita á Casa de Galicia das Palmas de Gran Canaria polas súas iniciativas solidarias

O secretario xeral da Emigración rematou nesta illa coa rolda de visitas ás entidades galegas nesta comunidade autónoma onde puido comprobar as obras realizadas trala reinauguración posterior ao incendio que sufriu este centro

25/09/22 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia festexa con música e poesía o Día Europeo das Linguas

O Festival ‘Maré, Músicas e Artes Atlánticas’ acolle hoxe distintas actuacións de artistas galegos, nacionais e internacionais con motivo da efeméride

25/09/22 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca a gastronomía como reclamo turístico de Galicia, ao primar os produtos de proximidade e a cociña autóctona

Vázquez Mourelle subliña que a gastronomía, xunto coa natureza, é un dos principais motivo escollido para visitar Galicia, un destino cunha cociña de calidade e sostible

25/09/22 | 12:12 | C. de Política Social e Igualdade

Máis de 20.000 maiores xa recibiron atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a través do programa de Coidados porta a porta

O obxectivo é que as persoas maiores teñan ao carón dos seus fogares os servizos que necesitan para que poidan seguir vivindo alí onde prefiran

25/09/22 | 11:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará este luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense

Iniciaranse as limpezas na estrada AC-102, en Cerdido; e na LU-162 entre Ferreira do Valadouro e Cangas de Foz

25/09/22 | 11:44

Galicia pide que España presione xunto con outros países no Consello de Ministros da Unión Europea para que Bruxelas recapacite e free o veto á pesca de fondo

A comunidade defende que a nova normativa excede o marco do regulamento no que se ampara, do ano 2016 e que conxelaba a pegada pesqueira, polo que se entende que non se poden ampliar nin reducir as zonas autorizadas para faenar

25/09/22 | 11:14

A Xunta licita as obras para ampliar e mellorar as vías da contorna de Vilariño de Conso por 239.000 euros

A actuación enmárcase no plan Hurbe, unha iniciativa a través da cal dende 2010 a Xunta comprometeu máis de 162 M€ para o financiamento de máis de 380 intervencións urbanísticas en decenas de concellos