Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/09/22 | 12:28 | C. de Sanidade

A Xunta comeza a vacinar coa cuarta dose da covid as 22.000 persoas usuarias das residencias sociosanitarias galegas

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acudiu hoxe á Residencia Porta do Camiño, en Compostela, con motivo do inicio da vacinación
 

26/09/22 | 12:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora do local social da asociación veciñal San Pablo de Catabois, en Ferrol

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o espazo no que se realizarán actuacións de acondicionamento cunha achega de 17.000 euros
 

26/09/22 | 12:19 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social destaca a importancia de protexer os dereitos dos menores tamén no ámbito dixital

A Xunta avogar por seguir traballando na formación para desfrutar dun uso saudable e seguro das redes sociais

26/09/22 | 11:45 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 76 persoas por 50 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 23 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 25 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico

26/09/22 | 11:43

A Xunta dá continuidade ao obradoiro Vía Künig que comparten Becerreá, As Nogais e Baralla cun novo investimento de 504.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, entregou os diplomas aos 20 alumnos que rematan a formación e lembrou que en breve comezará outro proxecto para “seguir xerando oportunidades laborais e realizando obras e servizos”

26/09/22 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia o acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro

As obras, cun investimento de máis de 22.000 €, teñen como fin mellorar a drenaxe nos dous pasos inferiores nos puntos quilométricos 0+640 e 1+280 da autovía AG-11

26/09/22 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co concello de Nigrán para a posta en marcha de novos servizos de autobús entre as parroquias de Chandebrito e Panxón na segunda quincena de outubro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade asinará un convenio co Concello para complementar os servizos da concesión de autobús interurbano cunha nova liña de interese municipal

26/09/22 | 11:16 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia celebra mañá a XIV Xornada sobre a Urxencia e a Emerxencia dedicada á xestión dos incidentes de múltiples vítimas

Nestas situacións resulta fundamental a actuación coordinada e protocolizada dos diferentes corpos de emerxencias para diminuír a mortalidade, previr as secuelas e restaurar a situación previa ao incidente en condicións de seguridade

26/09/22 | 10:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta incrementa o orzamento das axudas anuais para a actividade deportiva

A tecnificación galega conta con seis novos núcleos de adestramentos especializados, das federacións galegas de Hóckey en Ourense, de Surf en Nigrán e de Squash en Ames, xunto cos Club Kayak Tudense e os clubs coruñeses Boxeo Kick Boxing e Halterofilia Coruña, tamén recoñecidos como NADE

26/09/22 | 10:18 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.399 casos activos por coronavirus

Un total de 672.274 pacientes xa están curados