Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Exterior:

04/02/20 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda sinala a importancia da colaboración transfronteiriza para compartir e optimizar recursos que potencien a innovación e o crecemento económico de ambas rexións

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación do Laboratorio Tranfronteirizo de Biotecnoloxía Mariña que forma parte do proxecto Bluebiolab que se está a levar a cabo no marco do programa POCTEP

02/02/20 | 12:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa convoca cinco bolsas para a formación práctica en asuntos europeos durante o ano 2020

Estas bolsas formativas están dirixidas a titulados universitarios e técnicos superiores en Formación Profesional

30/01/20 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o anteproxecto de Lei de acción exterior que aspira a mellorar a proxección de Galicia a través da coordinación da acción exterior

Feijóo explica que a súa a pretensión é regular a participación galega na negociación Xunta-Estado, mellorar a atención dos galegos no exterior, consolidar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e dotar Galicia de maior protagonismo na cooperación

29/01/20 | 17:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola colaboración coa Comunidade de Países de Lingua Portuguesa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe en Lisboa coa directora xeral da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, Georgina Benrós de Mello

27/01/20 | 12:54 | C. do Medio Rural

A Xunta reitera en Bruxelas a súa defensa dunha PAC común para toda a UE pero que contemple as peculiaridades do agro galego

Por iso, o Goberno galego apostou na capital comunitaria por medidas como a obrigatoriedade dos pagos redistributivos dende as grandes explotacións ás pequenas

18/01/20 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa 'Iacobus' de mobilidade académica chegará este ano a 165 beneficiarios na Eurorrexión

A iniciativa facilita estadías de persoal das universidades, institucións de ensino superior e centro tecnolóxicos en Galicia e o Norte de Portugal

03/01/20 | 11:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación convoca as axudas complementarios do programa Erasmus+ para o presente curso, dotadas de 1.517.000 euros

Deste xeito, todos os estudantes universitarios galegos que tiveran dereito ás axudas europeas no marco desta iniciativa, tamén poderán solicitar a bolsa complementaria autonómica