O programa 'Iacobus' de mobilidade académica chegará este ano a 165 beneficiarios na Eurorrexión

A iniciativa facilita estadías de persoal das universidades, institucións de ensino superior e centro tecnolóxicos en Galicia e o Norte de Portugal

Na segunda edición do ‘Iacobus Papers’ apoiaranse un total de 48 publicacións científicas

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2020

O programa Iacobus, de mobilidade académica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, chegará este ano a un total de 165 beneficiarios: 79 docentes, 20 persoal de administración e servizos, 53 investigadores doutorais e post-doutorais, 5 técnicos de I+D+i e xestores de innovación e 8 xestores de innovación.

Das 165 candidaturas seleccionadas, 63 proceden do norte de Portugal e 102 de Galicia. En concreto, seleccionáronse 22 proxectos da Universidade da Coruña; 33 da Universidade de Santiago de Compostela; 45 da Universidade de Vigo; 1 do CETMAR; e 1 do CIS Madeira.

No norte de Portugal, aprobáronse 5 proxectos da Universidade de Porto; 9 da Universidade do Minho; 6 da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro; 1 da Universidade Católica; 11 do Instituto Politécnico (IP) do Porto; 4 do IP de Viana do Castelo; 14 do IP de Bragança; 2 do IP do Cávado e do Ave; 1 do Instituto de Ciencia e Innovación en Enxeñería Mecánica e Enxeñería Industrial (INEGI); 9 do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL); e 1 do Instituto de Enxeñería de Sistemas e Computadores, Tecnoloxía e Ciencia.

As áreas de traballo dos beneficiarios son moi variadas, destacando especialmente as ciencias da saúde, humanidades, enxeñarías, ciencias económicas e empresariais, ciencias sociais, tecnoloxías da información e comunicación, ciencias ambientais, recursos naturais e o dereito.

O período de intercambio vai do 1 de febreiro ao 30 de xuño.

Trátase da sétima convocatoria do Iacobus, que ten como obxectivo fomentar o intercambio e a cooperación e promover o desenvolvemento conxunto de proxectos de investigación e innovación que participan no programa.

Iacobus papers

A segunda edición da convocatoria de Publicacións científicas (PAPERS) contou coa presentación dun total de 51 artigos, seleccionándose 48, pertencentes á maior parte das Institucións de Ensino Superior participantes no Iacobus. É de salientar que algunhas das publicacións de artigos científicos e de investigación en revistas indexadas no vixente Journal Citation Report (JCR) de Clarivate Analytics, e no SCOPUS (para as áreas de humanidades), resultaron do traballo desenvolvido polos autores en edicións anteriores do IACOBUS Estadías.

O Iacobus é un programa de grande éxito no universo académico da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que suma preto de 1.800 candidatos no total das 7 edicións dos intercambios e 2 convocatorias das publicacións científicos. En total, foron seleccionados 963 proxectos de investigación en múltiples áreas do coñecemento e 85 papers. O financiamento total supera os 1,1 millóns de euros, financiado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Imaxes relacionadas