Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez salienta que as obras de mellora da seguridade viaria da estrada Valdoviño-Cedeira permitiron acurtar nun 30% o tempo de percorrido grazas a un investimento da Xunta de 4,7 M€
Vázquez Mourelle subliña que a actuación, demandada polos veciños e visitantes ao ser esta unha estrada pola que circulan de media 5.000 vehículos ao día, supón unha mellora “moi significativa” para as comunicacións do norte da comarca de Ferrolterra
Rueda reafirma o obxectivo de colocar Galicia na elite das tecnoloxías de alta precisión ao servizo da investigación e da industria
Pon en valor que esta nova tecnoloxía cuántica, que conta cun investimento de 7M€, permite avanzar na investigación médica, na loita contra o cancro e tamén no estudo de pandemias ou na xestión de recursos pesqueiros, entre outras aplicacións
A Xunta remite ao Concello de Lugo o informe favorable condicionado sobre o 5% do PXOM
Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego remata así o seu papel na tramitación desta ferramenta urbanística, que queda agora en mans do Concello para a súa aprobación definitiva en pleno
As obras de mellora do firme da autoestrada A Coruña-Carballo farán necesario habilitar mañá un desvío de tráfico no enlace de Arteixo
O corte de tráfico realizarase de forma alternativa entre as 10 e as 20 horas do xoves e entre as 10 e as 13 horas do venres no ramal de saída da autoestrada (A Coruña-Arteixo) e no ramal de entrada (Arteixo-Carballo)
A Xunta e a Cruz Vermella avanzan na súa colaboración no salvamento marítimo e a loita contra a contaminación mariña
Esta cooperación realízase a través do Servizo de Gardacostas e a Consellería do Mar destina 30.000 euros para sufragar as actividades desenvolvidas este ano
A Xunta aborda co embaixador representante permanente de España na UE a presidencia española do Consello da UE
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, remata a súa visita institucional a Bruxelas con este encontro no que se trataron cuestións como a adxudicación dos fondos europeos, a pesca en augas profundas ou a extensión do Corredor Atlántico ao noroeste peninsular
Fernández-Tapias reúnese co equipo da nova Unidade de Demencias Multidisciplinar no Día Mundial do Alzheimer
A delegada territorial da Xunta en Vigo, que cifrou en 15.000 as persoas con maior o menor grao de deterioro cognitivo na área de Vigo, fixo fincapé na importancia do seu diagnóstico precoz para garantir unha maior calidade de vida
A Xunta reorganiza desde o vindeiro luns as rutas do autobús integrado do CPI de San Vicente da Baña para mellorar o servizo ao alumnado
As paradas redistribúense a través de 6 novas liñas para adecuar os itinerarios ás necesidades neste curso escolar, garantindo a coordinación das chegadas e saídas ao centro
A Xunta traslada ao alcalde de Barro o convenio para as obras de construcción do novo centro de saúde no seu concello
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra e o xerente da área sanitaria reuníronse hoxe co alcalde para explicarlle os detalles do acordo que permitirá edificar en Barro un centro de saúde que duplique a superficie do actual
Xunta e Concello de Riós reformarán as envolventes e o acondicionamento interior do centro de saúde
O conselleiro de Sanidade e a alcaldesa de Riós asinaron un convenio ao que destinarán mais de 48.000 euros