Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta renovará nas vindeiras semanas todo o mobiliario das habitacións do Hospital Comarcal de Valdeorras
As obras de reformas das áreas de cirurxía maior ambulatoria, hospital de día e farmacia no hospital estarán rematadas antes de finalizar o ano
O Centro Dramático Galego e Ainé Producións unen teatro e xornalismo para afondar na cara oculta do fútbol na obra ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’
O novo proxecto abre a temporada escénica 2022-2023 da unidade teatral da Xunta
A Xunta demanda ao Goberno e a Endesa que ofrezan as certezas que precisan os traballadores e os novos proxectos industriais para As Pontes
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a central térmica xunto cunha delegación da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo
A Xunta visita a unidade de "Coidados porta a porta" situada en Noia
Percorre todos os concellos galegos agás as sete cidades desde o mes de marzo ofrecendo servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria e neste tempo leva atendidas a máis de 17.000 persoas
Trenor sinala a carreira ENKI-22 como única en España e a máis divertida e solidaria
Trenor lembrou que a organización ten o compromiso de destinar o 100% do diñeiro recadado desta e das súas outras carreiras a entidades sociais e proxectos que promoven dunha forma efectiva a incorporación ao deporte das persoas con diversidade funcional
A Xunta aclara a posibilidade de división horizontal das edificacións existentes no solo rústico no marco da súa aposta pola rehabilitación e o patrimonio construído
Nestas parcelas a normativa vixente permite establecer un réxime especial, no que as diferentes plantas dun inmoble sexan propiedades independentes, pero sen que en ningún caso implique a segregación da parcela
A Xunta inicia as obras de conservación da Ponte Ceilán, nos concellos de Noia e de Outes, que suporán un investimento de máis de 500.000 €
Durante a xornada de hoxe e mañá disporase a sinalización horizontal desta obra na estrada AC-550, o que fai necesario o corte dun dos carrís de circulación, habilitándose o paso alternativo ao tráfico polo carril libre
A Xunta aborda as prioridades de Galicia ante a Unión Europea co obxectivo de defender os intereses galegos
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, iniciou a súa visita institucional a Bruxelas na Fundación Galicia Europa, onde anunciou a posta en marcha dunha estratexia para reforzar a posición de Galicia no eido europeo
A Xunta reafirma o seu compromiso e apoio ao sector alimentario galego como xerador de riqueza e emprego na nosa comunidade
Jose González salientou os vínculos inseparables de Galicia co concepto de calidade e destacou que a despensa galega abrangue unha ampla gama de produtos, entre eles a xenebra Nordés, que definiu como “xenuinamente galega e ao tempo universal”
Fernández-Tapias participa na apertura do Simposium Urban Solutions que analiza en Vigo o futuro das cidades en torno a enerxía, a mobilidade e os servizos
A delegada territorial da Xunta destacou as xornadas como “unha oportunidade para redefinir un modelo produtivo que poña no centro á innovación, a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente”.