Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/09/22 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Monforte catro xornadas sobre tratamentos aéreos con drons en sanidade vexetal

Impartiranse no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal os próximos 27, 28, 29 e 30 de setembro, en horario de mañá

20/09/22 | 10:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e Down Galicia asinan un convenio para a investigación do envellecemento das persoas con esta síndrome

O Goberno galego destina 100.000 euros á elaboración dun estudo que analice e identifique recursos para atender á aceleración do envellecemento das persoas con síndrome de Down

20/09/22 | 10:15 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.320 casos activos por coronavirus

Un total de 671.669 pacientes xa están curado

19/09/22 | 18:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta ante a Comisión de Industria do Parlamento Europeo o compromiso de Galicia cunha transición enerxética planificada e xusta

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, que acompaña á delegación da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo, sinala que este proceso debe ter en conta o impacto no emprego e no territorio e abrir novas oportunidades no ámbito industrial e enerxético

19/09/22 | 18:03 | C. do Medio Rural

A Xunta rexeita a pretensión da Comisión Europea de equiparar as explotacións de vacún de máis de 150 UGM coas grandes industrias en materia de contaminación

Así o manifestou o conselleiro do Medio Rural na súa participación, por videoconferencia, no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios, sumándose á postura defendida polo Ministerio de Agricultura e por países como Francia

19/09/22 | 17:58 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Pereira

Segundo as primeiras medicións, o lume afecta menos de unha hectárea de superficie dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés

19/09/22 | 17:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora coa feira da xuventude da Estrada para ofrecer unha programación con máis de 60 actividades

Este sábado e domingo celebraranse no pavillón Coto Ferreiro e o estadio Manuel Regueiro do municipio charlas, talleres e actividades deportivas, entre outras accións

19/09/22 | 17:46 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Pereira

Segundo as primeiras medicións, o lume afecta menos de unha hectárea de superficie dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés
 

19/09/22 | 17:28 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa reivindica o salvamento e socorrismo como un deporte náutico máis no que Galicia tamén é potencia na recepción aos subcampións de España

O secretario xeral para o Deporte destaca as 38 medallas -24 na categoría absoluta e 14 na cadete- acadadas polos deportistas galegos no Campionato de España celebrado na Coruña e en Carballo e desexou a mellor das sortes a Antía García, Eva Feijoo, Gabriel Rodríguez e Alejandro Chacón que parten nos vindeiros días cara Italia para disputar a Copa do Mundo

19/09/22 | 16:15 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do festival Cantos na Maré que terá lugar esta semana en Santiago no marco dos Concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do festival que acada a súa XVIII edición