Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/09/22 | 15:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Cortegada asinan o convenio de colaboración para dotar de sistema de saneamento a zona suroeste do núcleo de Seixomil

Augas de Galicia achegará 40.000 € para financiar integramente as obras e o Concello asumirá a súa contratación e execución, ademais da titularidade das nova Infraestruturas
 

19/09/22 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na xestión dos bens incautados en delitos de narcotráfico para contribuír a axilizar a actividade xudicial

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, destacou o compromiso da Xunta na loita contra os delitos de tráfico de drogas na inauguración do curso organizado pola Fiscalía Antidroga de Galicia sobre a recuperación de activos nestes casos
 

19/09/22 | 14:55 | A Presidencia da Xunta

Rueda resalta “a experiencia e a capacidade de xestión” da Xunta para responder as prioridades das galegas e dos galegos

Avanzou que no 2023 actualizaranse todas as axudas de inclusión social, para protexer os seus perceptores fronte ao impacto da inflación
 

19/09/22 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executará ou activará 1,4 M€ en investimentos nos vindeiros meses en Rodeiro

O delegado territorial presidiu este mediodía a sesión mensual da Comisión Territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, celebrada no municipio de Camba ao abeiro do seu percorrido itinerante pola provincia, que xa a levou por Oia, Covelo, O Grove, Campo Lameiro, Lalín, Marín e Pontecesures
 

19/09/22 | 14:14 | C. de Facenda e Administración Pública

O Encontro Galego CIBER.gal acollerá a segunda edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’

O prazo de inscrición ao certame, dirixido a centros educativos de Primaria e ESO de Galicia, permanecerá aberto ata o 10 de outubro
 

19/09/22 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 400 estudantes lucenses escoitaron o relato de Iñaki Zubizarreta contra o bullying, "Renderse non é unha opción"

O ex xogador de baloncesto, que sufriu acoso escolar e traballa activamente contra este problema, ofrecerá outra charla pola tarde para familias, titores, docentes ou adestradores

19/09/22 | 13:24 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por 380.000€ a redacción do proxecto básico e de execución das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa

O contrato prevé un prazo de 4 meses para a entrega do proxecto básico e 5 para ultimar o proxecto de execución
 

19/09/22 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de acondicionamento das beirarrúas na estrada PO-504 en Sanxenxo, que supoñen un investimento autonómico de preto de 223.000 €

O obxectivo é mellorar a accesibilidade peonil e a seguridade viaria na estrada PO-504 entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450

19/09/22 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde este xoves os servizos de autobús entre Silleda e Lalín cunha nova expedición á primeira hora da mañá

Créase unha nova ruta entre a parroquia de Lamela e Lalín que prestará servizo ás 07,30 horas de luns a venres durante todo o ano
 

19/09/22 | 10:34 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.312 casos activos por coronavirus

Un total de 671.548 pacientes xa están curados