Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/09/22 | 13:09

A Xunta destinou máis de 500.000 € a actuacións para a posta en valor do Monte Aloia desde a aprobación do seu plan reitor de uso e xestión

Belén do Campo subliña o esforzo feito polo Goberno galego neste espazo desde 2020, con investimentos moi por riba dos 100.000 € anuais estimados no PRUX

18/09/22 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 8 M€ á xestión do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia

A contratación do servizo de xestión do centro terá unha duración de 24 meses con posibilidade de ser prorrogado

18/09/22 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social participa no II Encontro Mocidade Voluntaria en Oleiros

Distintas Organizacións non Gobernamentais (ONG) e asociacións deron a coñecer os seus proxectos

18/09/22 | 12:17 | A Presidencia da Xunta

Rueda realizará en outubro a súa primeira viaxe oficial como presidente da Xunta á Arxentina e ao Uruguai

A viaxe desenvolverase entre os días 13 e 17 para reforzar os lazos coa colectividade galega e estreitar as relacións con ambos países

18/09/22 | 12:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O canto tradicional xaponés, o jazz, e a música contemporánea protagonizan as ‘Matinais Musicais’ de outono na Cidade da Cultura

A artista internacional de teatro Noh, Ryoko Aoki, abrirá o ciclo o 25 de setembro cun programa que celebra o irmandamento do Camiño de Santiago coa ruta Shikoku Henro

Lucía Martínez Cuarteto e Arxis Ensemble completan as propostas musicais no Gaiás para as mañás dos domingos de setembro, outubro e novembro

18/09/22 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o labor altruísta das agrupacións de voluntarios de Protección Civil e o seu importante papel como reforzo na atención ás emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu ao acto de recoñecemento a institucións e persoas que colaboran coa Protección Civil no marco das actividades organizadas pola agrupación de voluntarios de Cangas con motivo do patrón
 

18/09/22 | 11:38

A Xunta adxudica por máis de 120.000 € a redacción dos proxectos para rehabilitar 2 inmobles no centro histórico de Ribadavia

Están localizados na praza García Boente 1 e na praza de San Xoán 3, adquiridos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro do programa Rexurbe

18/09/22 | 10:55 | C. de Facenda e Administración Pública

A Amtega presenta a súa guía de boas prácticas para a liberación de contidos e software

O vindeiro día 20 de setembro terá lugar o acto de presentación do documento que actualiza as guías xa existentes, con novos contidos e un enfoque máis didáctico cara ao público xeral

18/09/22 | 10:12 | C. do Medio Rural

Os comedores dos centros de formación e experimentación agroforestal da Xunta acadan a distinción de “Km 0 de Galicia” ao usar produtos de cercanía nos seus menús

Os comedores dos centros de Lourizán, Sergude, Becerreá e do Pedro Murias contarán este novo curso con esta distinción, que acredita que se empregan alimentos de tempada e de proximidade nos seus menús

17/09/22 | 21:35

Lorenzana anima ás palilleiras de Mos a asumir a seguir “tecendo” a historia de Galicia con encaixes

A consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe ao certame DesfilaMos, un desfile de moda confeccionada con encaixe que celebrou a súa segunda edición, organizado pola Asociación de Palilleiras da localidade