Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta remata a parcelaria da Graña-Campo, no concello de Covelo, tras reorganizar unha superficie de máis de 600 hectáreas e investir máis de 3 M€
Jose González destacou que, grazas a este traballo, pasouse de 13.728 predios a 1.379 fincas, o que supuxo multiplicou por dez a superficie media das parcelas finais
Fernández-Tapias presenta a quinta edición do Festival Underfest en Vigo e destaca a súa consolidación como “referente do outono musical” en Galicia
A delegada territorial da Xunta avanzou o cartel do evento que nesta ocasión levará a 18 artistas polo Auditorio Mar de Vigo, Museo MARCO, Kominsky, La Iguana, Mogambo, Radar, Reserva e Masterclub
O programa ‘Coidados porta a porta’ da Xunta atendeu a máis de 4.200 lucenses desde marzo e segue percorrendo a provincia
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que varios concellos da Zona Sur acollen ata final de mes as unidades móbiles que prestan atención gratuíta de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos
A Xunta somete a información pública o proxecto de execución dunha glorieta na AC-116 e a conexión co polígono empresarial Río do Pozo, no Concello de Narón
As obras, cun orzamento autonómico de 930.000 €, mellorarán a seguridade viaria na contorna, coa execución desta glorieta na intersección da vía autonómica coa estrada provincial DP-5408 e co viario local de acceso á zona de costa
A Xunta apoia a 27ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, que reforza a presenza galega e homenaxea aos profesionais da dirección
Mantén o seu apoio económico ao certame tanto a través do programa de exhibición como con diferentes actividades paralelas para dinamizar o galego a través do audiovisual
A Xunta activa as axudas por máis de 755.000€ para que entidades sociais promovan programas para mulleres vulnerables e de impulso do liderado feminino
O Goberno galego financiará as achegas con cargo aos cartos que a comunidade recada co 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)
A Xunta remata as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada OU-304 en Tixós, no concello de Baltar
A intervención supuxo un investimento autonómico de preto de 50.000 euros
Lorenzana destaca os valores da economía social e sinala que é “forza clave” do mercado laboral galego con preto de 175 novas iniciativas creadas no último ano
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Santiago de Compostela na clausura da xunta directiva da Confederación Empresarial Española da Economía Social (Cepes)
A Xunta consolida a súa aposta polos concellos emprendedores coa súa inclusión na futura Lei de áreas empresariais
Ángeles Vázquez salienta que no que vai de ano na provincia de Pontevedra a Xunta leva adxudicados sobre 157.000 m2 de solo industrial e o 92% desas adxudicacións están na Plisan
A Xunta traballa no deseño do Estatuto da Muller Rural e do Mar para garantir a defensa dos dereitos deste colectivo e promover o seu asociacionismo
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, explicou hoxe no Parlamento de Galicia, na comisión 8ª, que o Estatuto será integrado na nova Lei autonómica de igualdade para darlle rango de norma superior e un maior amparo legal