Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/09/22 | 10:25

A Xunta inviste 504.000 euros no obradoiro de emprego dos Ancares, que comeza hoxe e formará a 20 traballadores desempregados

Os talleres amplían a súa duración a un ano, o que permite reforzar a formación e incrementar as obras e servizos que prestan

19/09/22 | 10:03 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta remata a restauración das fontes e lavadoiros tradicionais do Pazo do Casal e de Rastrada, no concello de Crecente

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, supervisaron o remate desta dobre actuación, financiada con 30.000€ por parte de Turismo de Galicia ao abeiro da orde de axudas para mellora de infraestruturas turísticas
 

19/09/22 | 09:58 | C. do Medio Rural

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cangas concede a súa distinción á Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta

Este recoñecemento faise efectivo pola colaboración prestada por parte da UIFO a esta Agrupación, que quere ademais poñer en valor o importante labor desta unidade e, en xeral, do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios da Consellería do Medio Rural

19/09/22 | 09:53 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 1,4 M€ en axudas aos apicultores galegos para mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de axudas para a asistencia técnica tanto a persoas como a organizacións apicultoras e a loita contra as agresións e enfermidades da colmea
 

19/09/22 | 09:40 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 54 persoas por 46 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 16 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 18 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico

18/09/22 | 15:00

Persoas en desemprego de larga duración de Pontevedra poden inscribirse no programa ‘Emplearte’ ata o 23 de setembro para mellorar as súas oportunidades

A iniciativa, apoiada pola Xunta de Galicia e promovida pola Fundación Santa María la Real, ten carácter gratuíto e dá prioridades ás persoas maiores de 45 anos

18/09/22 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez gaba a irmandade entre Galicia e Asturias e reivindica os lazos históricos entre ambas comunidades

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na imposición de insignias aos empresarios Adolfo Domínguez e Orlando Alonso con motivo da celebración do Día de Galicia en Asturias

18/09/22 | 13:43

A Xunta e os tecores abordan posibles melloras nos trámites administrativos que afectan ao sector

Durante a xuntanza tamén falaron sobre cuestións relacionadas co exercicio da actividade cinexética na Comunidade, a próxima tempada de caza e o relevo xeracional