Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda anuncia o impulso da primeira Lei de ordenación do litoral de Galicia co obxectivo de acadar o autogoberno pleno sobre a súa costa
Recalca que o Goberno galego pretende resolver deste xeito os problemas que está a causar a interpretación cada vez máis restritiva da Lei de costas imposta por parte do Estado, o que limita o exercicio das competencias exclusivas nesta materia
A Xunta destaca en Sevilla o papel da compra pública innovadora como motor para consolidar o polo aeroespacial de Galicia
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou nunha mesa redonda en Unvex 2022, o maior evento en España especializado en vehículos e sistemas non tripulados
A Xunta estuda a implantación dun novo polígono agroforestal na Peroxa destinado a uso gandeiro no marco da Lei de Recuperación da Terra
Inés Santé e o rexedor acordaron avaliar proximamente a superficie susceptible de incorporarse nesta figura de posta en valor
A Xunta outorga axudas a 9 asociacións profesionais e empresariais para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia cun investimento de 500.000 €
O obxectivo é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial
A Xunta participa en Valencia na reunión do Observatorio Nacional da Artesanía
A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asiste a unha nova reunión deste foro impulsado por Fundesarte no que as principais liñas de debate foron a formación e o apoio ao emprendemento no sector
A Xunta e o Concello da Bola asinan o convenio para a mellora das infraestruturas de depuración municipais
A Xunta asume o financiamento da actuación, achegando preto de 48.000 €, e o Concello comprométese a executar as obras e ao mantemento das instalacións
Trenor anima á cidadanía a participar no “Festival Mar de Mares” que acollerá A Coruña e que porá en valor os océanos e os produtos pesqueiros galegos
Gonzalo Trenor destacou o importante esforzo do Goberno autonómico para difundir os produtos da artesanía e da industria alimentaria ligada ao mar a través do Mercado e Festa do Mar que terá lugar o sábado 17 e domingo 18 de setembro no Parrote
A Xunta colabora no marco do seu proxecto Artesanía no Prato co encontro Ferve, que se celebra esta fin de semana en Pontevedra
Os asistentes ás demostracións gastronómicas incluídas no programa poderán degustar os menús en pezas elaboradas por oito obradoiros da marca Artesanía de Galicia, especializados na cerámica, o coiro, a madeira e a fabricación de coitelos
A Xunta inicia as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas nas comarcas do Ribeiro e de Celanova, que suporán un investimento de 1,2 M€
A intervención comezou na estrada OU-414, en Padrenda, e continuará nas vías OU-411 e OU-801, beneficiando aos municipios de Bande, Ribadavia, Verea, Cortegada, Pontedeva e Quintela de Leirado