Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda destaca o compromiso da Xunta na mellora dos servizos de cardioloxía e a renovación de salas de hemodinámica nos hospitais públicos galegos
Subliña o investimento de case 6 millóns de euros na nova sala de hemodinámica do Montecelo de Pontevedra, e na renovación doutras seis nas áreas sanitarias de A Coruña e Cee, Vigo; Santiago de Compostela e Barbanza e Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
Rueda reúnese cos embaixadores de Lituania e Panamá en España para profundar nas relacións de Galicia con estes dous países
Trasladoulle á representante diplomática de Lituania as oportunidades que se presentan no ámbito das enerxías renovables, sectores tecnolóxicos e loxística portuaria
Ethel Vázquez avanza que a Xunta traballa xa na redacción do proxecto para a reconstrución da presa de Ponte Maceira
Augas de Galicia está a elaborar o documento técnico que determinará as intervencións necesarias para mellorar a infraestrutura
Galicia apoia o emprendemento e o emprego autónomo para ser unha terra de oportunidades
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asistiron á presentación do ‘Informe galego do traballo autónomo’ promovido por APE Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela
Fernández-Tapias remarca a importancia estratéxica das competicións náuticas como polo de atracción turística
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na presentación do Campionato de España de J80-Trofeo Gestilar que se disputa este fin de semana en Baiona
A Xunta pon en valor a mediación intraxudicial como resolución alternativa de conflitos xudiciais coa que reducir a carga de traballo dos órganos xudiciais
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, destacou hoxe no “VII Congreso Internacional para o Estudo da Mediación e o Conflito” o compromiso do Goberno galego con este sistema cun investimento de máis de 2M€ nos últimos anos
Lete Lasa enxalza o núcleo de adestramento especializado do Club Kayak Tudense, que un ano máis organiza o Descenso Internacional do Miño
O club de piragüismo recibiu da Secretaría Xeral para o Deporte máis de 500.000 euros desde 2009 e agora vén de ser recoñecido co Núcleo de Adestramento Especializado pola Xunta
O programa coidados porta a porta da Xunta leva beneficiado a máis de 17.000 persoas maiores
Percorre todos os concellos galegos agás as sete cidades desde o mes de marzo ofrecendo servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria
Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta para o futuro da Feira do Moble e o crecemento do sector
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, destacou a “importancia socioeconómica e incluso identitaria” do moble na nosa comunidade, xa que representa o 6% da actividade económica cunha produción de 3,6 millóns de pezas anuais