Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta renova máis de 60 ecógrafos nos hospitais públicos galegos cun investimento de 5,3 millóns de euros
O Sergas instalou xa a totalidade do equipamento das licitacións realizadas o ano pasado para prover de ecógrafos aos servizos de radiodiagnóstico e de urxencias
O ciclo de conferencias sobre María Casares organizado pola Xunta reanúdase o mércores con Tina Sainz e José Luis Méndez Romeu
A actriz madrileña, que traballou con ela en ‘El Adefesio’ a primeira vez que volvía a España despois do exilio, e Méndez Romeu, que ten investigado sobre a súa figura, achegarán a visión persoal e profesional
Rueda subliña a capacidade do sector vitivinícola galego para xerar dinamismo e emprego no rural mentres se reforza o coidado do medio
Destaca o traballo conxunto entre o Goberno autonómico e os Consellos Reguladores, que recibiron 19 M€ en axudas entre o 2012 e o 2021, dos cales 8,2 M€ foron parar ás Rías Baixas
A Xunta colabora co concello da Gudiña na mellora do sistema de depuración do núcleo de Carracedo da Serra, que supón un investimento de 52.000 euros
A Xunta, a través de Augas de Galicia, achega apoio técnico para o desenvolvemento das obras e financia integramente os traballos, asumindo a entidade local a execución do novo sistema de depuración
Gabriel Alén destaca a diversidade musical dos Concertos do Xacobeo
O delegado territorial subliñou a importancia do festival que, enmarcado dentro dos Concertos do Xacobeo, “encarnan que a cultura e as festividades que percorren todo o territorio neste Ano Santo, cunha oferta sen parangón para todos os públicos”
A Xunta abre o prazo de inscrición para formar parte do programa ‘Correspondentes Universitarios’
Este proxecto está dirixido a fomentar a participación das mozas e mozos ao crear unha canle de difusión de contidos e información de interese
Rosa Quintana enxalza a calidade e os beneficios nutricionais do peixe capturado pola frota galega de cerco
A nova edición da campaña O cerco, un xeito de vida desenvólvese nas prazas de abastos ao considerar ás praceiras e praceiros como os mellores embaixadores para trasladar aos consumidores os beneficios de produtos pesqueiros de proximidade
A Xunta sinala a aposta polo hidróxeno verde como clave para a transición enerxética
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou na apertura dunha xornada sobre hidróxeno renovable e almacenamento organizada polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal)
Cincuenta menores con medidas xudiciais por violencia de xénero incorpóranse ao Proxecto Fénix de reeducación para evitar a súa reincidencia
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse hoxe con representantes da Asociación Alar, para facer balance do programa
A Xunta de Galicia aposta polo Rallye Rías Baixas e apoia o seu obxectivo inmediato de regresar ao Supercampionato de España
A delegada territorial da Xunta e o secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, presentaron este venres a nova edición da proba automobilística, con saída desde Vigo o vindeiro 29 de setembro e dous reagrupamentos no Porriño