Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Medio milleiro de persoas visitaron o 112 Galicia o curso pasado malia as limitacións pola Covid
En total, 557 persoas coñeceron as instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia na Estrada, das que 338 foron escolares
A Xunta pon en valor o Museo da Pataca de Coristanco á hora de destacar o potencial dunha das principais zonas produtoras do tubérculo na comunidade
Este museo temático busca enxalzar a pataca de Coristanco, considerando a importancia desta produción na comarca de Bergantiños desde o punto de vista etnográfico, agrario e social e de identificación territorial
O Atlas de Covas e Canóns de Galicia, que conta coa colaboración da Xunta, suscita grande interese na comunidade espeleolóxica internacional
O Atlas, presentado polo secretario xeral para o Deporte e polos responsables da Federación Galega de Espeleoloxía o ano pasado, deuse a coñecer tamén no Espeleoforum Internacional de Burgos xuntos aos proxectos máis interesantes de todo o país
Os produtos do agro e do mar de Galicia terán unha presenza destacada no Fórum Gastronómico da Coruña da man da Xunta
Preto de 40 empresas do sector participarán no evento baixo o paraugas da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, e da Consellería do Mar
Galicia rexistra un total de 1.425 casos activos por coronavirus
Un total de 671.295 pacientes xa están curados
A Xunta investirá máis de 4,8 M€ na urbanización da fase C do parque empresarial de Morás, en Arteixo
A obra, que se licitará en breve, incorporará 227.554 m2, 98.213 m2 reservados a parcelas
A Xunta recibe 16 ofertas para as obras de urbanización do polígono 1 de San Paio de Navia, en Vigo
O Instituto Galego da Vivenda e Solo investirá máis de 14,3 M€ nos traballos para acondicionar esta fase, onde se prevé edificar un total de 733 vivendas protexidas
A Xunta dotará ao polígono residencial de Valdecorvos, en Pontevedra, dun novo centro de transformación eléctrico para reforzar o servizo
A empresa pública Xestur investirá preto de 124.000 euros na súa construción
A Xunta colabora coa Fundación Pazo de Mos na difusión da historia, a arte e a cultura de Galicia
O obxectivo é apoiar as actividades organizadas desde a fundación e que inclúen desde visitas e formacións ata exposicións, concertos ou espectáculos teatrais
A Xunta agarda unha solución ao futuro de Stellantis en Vigo tras aceptar o Goberno a proposta de Galicia para deseñar un novo Perte adaptado ás necesidades da industria da automoción
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Madrid a unha reunión coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, e con representantes do grupo Stellantis para abordar a situación da factoría viguesa