Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Valentín García inaugura as xornadas ‘Mar por medio’, que congregan a máis dun cento de especialistas para reflexionar sobre o Camiño
Conferencias, mesas redondas, poesía, música e unha exposición de temática xacobea integran o programa de actos impulsado pola Academia Xacobea co apoio da Xunta que se desenvolverán ata o domingo en Ribadeo
A Xunta acomete as últimas obras na rede de camiños das parcelarias de Troáns I e Troáns II cun investimento de 486.000€ e comeza o acondicionamento dos accesos a novas fincas
A Consellería do Medio Rural tamén está a redactar un proxecto conxunto para os traballos de mellora dos accesos aos novos predios en ambas zonas e planifica a colocación e cambio dos marcos atendendo á resolución dos recursos presentados polos beneficiarios
Lorenzana destaca o impulso feminino en Galicia que supón o 61% das novas iniciativas empresariais no fin dunha nova etapa do ‘Camiño Emprendedor’ en Catoira
A consellería de Promoción do Emprego e Igualdade percorreu un tramo do Camiño entre Vilanova de Arousa e Catoira no marco do programa que desenvolve a Xunta en colaboración coa Fundación Ronsel
A Xunta investirá neste ano preto de 21 M€ no reforzo do firme das estradas autonómicas e xa traballa na programación e actuacións que executará no 2023
Francisco Menéndez concreta que están xa en execución obras por importe de 16 M€, e nos vindeiros días comezarán os traballos para materializar os 5 M€ restantes e completar todas as actuacións neste ano
A remodelación integral do estadio do Couto continua con paso firme coa conformidade dos clubs
Os presidentes de ambos os dous clubs manifestaron o seu parecer que foi recollido pola Administración autonómica para concluír as actuacións no Couto de xeito óptimo para todos os interesados
A Xunta impulsa en Xermade a divulgación do oficio do torneado de madeira
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na inauguración do XXII Encontro Internacional de Torneiros que se celebra nesta localidade luguesa durante toda a fin de semana
A Xunta avanza no estudo para a mellora da estrada OU-533 en Valdeorras, que financiará con fondos propios ante o rexeitamento do goberno de investir na mobilidade do rural
Francisco Menéndez lamenta a falta de resposta do Goberno ante as solicitudes da Xunta para financiar con Fondos Next Generation o acondicionamento desta vía que conecta a comarca de Valdeorras coa estación ferroviaria da Gudiña
A Xunta concede 1,2 M€ para actuacións de rehabilitación nos concellos de Curtis, A Pontenova, Dozón e Ponteareas
Este fondo de cooperación para a rehabilitación naceu hai seis anos cunha dotación inicial de 10 M€ e nas convocatorias de 2017 a 2021 concedéronse préstamos por importe de máis de 11,3 M€ a un total de 23 concellos
A Xunta pon en marcha o certame escolar “Idea o teu comercio” co obxectivo de impulsar a concienciación e a visibilidade deste sector entre os máis novos
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, presentaron hoxe no IES Otero Pedraio de Ourense este concurso creativo dirixido ao estudantado de segundo ciclo da ESO