Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/09/22 | 14:05

Lorenzana pon en valor a alza do investimento que a Xunta destinará en 2022 e 2023 a obradoiros duais de emprego e que superará os 52 M€

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou en Padrón a acción formativa ‘Comarca do Sar 2021’ na que participaron 18 persoas, tres delas xa atoparon traballo

09/09/22 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias denuncia “unha estratexia programada” polo alcalde de Vigo para “torpedear” o consorcio Casco Vello e intentar paralizar a rehabilitación do barrio histórico

A delegada territorial da Xunta en Vigo denuncia un novo boicot por parte dos concelleiros tras votar en contra do Programa de Actuacións, Investimentos e Financiamento do ente rehabilitador para o ano 2023

09/09/22 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Oficina Técnica da Seca constata un leve incremento dos caudais dos ríos, que continúan un 32% máis baixos que a media da última década

Cómpre manter a contención do consumo, xa que os caudais non están estabilizados, a pesar da suba con respecto ao 22 de agosto, cando se situaban un 34% por debaixo da media
 

09/09/22 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con pemes e micropemes galegas en 32 proxectos para impulsar a innovación no tecido empresarial desde a colaboración público-privada

Conde apunta que, co programa InnovaPeme, este ano a Administración autonómica apoia 32 proxectos de innovación no tecido empresarial galego cunha mobilización de 4,8M€ de investimento total
 

09/09/22 | 13:15 | C. do Medio Rural

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Ourense

O lume produciuse ao caer unha árbore sobre un tendido de liña eléctrica durante unha tala
 

09/09/22 | 12:49 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que o mercado dixital “Experiencias de Calidade” permite promocionar e impulsar as vendas dos produtos galegos con selo diferenciado

José Luis Cabarcos destacou que esta nova canle de comercialización online facilita un achegamento entre o produtor e o consumidor, dando así a coñecer as particularidades e características diferenciadas destas producións de calidade

09/09/22 | 12:48

A Xunta e o Concello do Pereiro de Aguiar invisten máis de 167.000 € na humanización da capitalidade municipal

Ángeles Vázquez subliña o compromiso do Goberno galego por brindar o seu apoio ás entidades locais na promoción de actuacións que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida dos seus veciños

09/09/22 | 12:43 | Axencia de Turismo de Galicia

O ‘Outono Gastronómico’ da Xunta comeza o 16 de setembro coa participación de 19 casas rurais de Lugo

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que os negocios adheridos ofrecerán dous menús a base de produtos galegos con certificación de calidade
 

09/09/22 | 12:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o cambio de clasificación da variante de Aradas, en Santiago, para adaptala á actividade económica e urbanística da contorna

A nova catalogación como estrada convencional da vía que une o polígono do Tambre coas estradas provinciais a Santa Comba e Trazo, permite reducir a súa liña límite de edificación aos 15 metros, fronte aos 50 metros iniciais, sen mudar a configuración da vía

09/09/22 | 12:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina preto de 800.000 euros ao Comité Antisida da Coruña para os seus programas e centros de acollida

Estas axudas concedéronse a través da orde de entidades 2020-22 e das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF do ano 2021